Desde o compostelán barrio de ArÃns sae o oitavo traballo discográfico dos Ruxe-Ruxe, a través do seu propio selo Lobicán Records poñen na rúa Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras. Dezasete cancións compoñen este traballo da banda gravado en Nigrán nas instalacións de Oceano Estudio co produtor Javier Abreu como xa fixeran no anterior traballo Na fura de diante(Lobicán records,2010). Como é habitual no grupo foron quen de congregar valiosas colaboracións para o seu disco como Xavier DÃaz (Berrogüetto), Dios ke Te Krew, Roi Maceda (Quempallou), Bocixa (Zenzar) e Esteban (Skacha).
O disco, un dos mellores traballos da banda nos seus 16 anos, é capaz de contentar aos seguidores incondicionais de Ruxe-Ruxe pola fidelidade ao seu estilo de fusión de música tradicional, ska e punk rock do paÃs – de feito Rock do paÃs é tema de apertura do álbum e o seu vÃdeo de adianto- pero ademais ofrece unha variedade de tonalidades nas súas pistas que poden enganchar a un público que aÃnda non se tivera achegado á súa música nestes dezaseis anos de actividade musical ininterrompida. O compromiso coa terra e coa lingua, traballo, actitude e honestidade seguen a ser a súas cartas de presentación xunto a un son inconfundible, se acaso renovado, coma di outro dos temas do disco os vellos punks non morren. O vindeiro dÃa 31 de marzo os Ruxe-Ruxe presentarán en concerto Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras ante o seu público na Sala Capitol de Santiago cunha entrega do seu potente directo (máis información en Axenda) e xa está en preparación tamén o segundo videoclip do disco co tema Adiante.
O primeiro disco do grupo foi homónimo do seu nome Ruxe-Ruxe e saÃu en 1999.