Unha escolma da Colección Helga de Alvear, aproximacións ás figuras de Rafael G. Bianchi e Esther Ferrer, e unha gran retrospectiva de Fernando Casás conforman o ano expositivo do Centro Galego de Arte Contemporánea. O propio director, Miguel von Hafe, fará tamén de comisario para reunir nunha mostra os novos valores da creación galega. Chamarase Gravity & Disgrace é a primeira parte dun proxecto que será a aposta de produción propia do centro.
Varias publicacións e suplementos especializados situaron estes dÃas a exposición de Jeff Wall no Centro galego de Arte Contemporánea (CGAC) como unha das máis destacadas do ano en todo o Estado. Para El Cultural a mostra ocupa o primeiro lugar do listado, mentres que para o suplemento especializado Babelia, está entre as dez primeiras. En todo caso, este achegamento ao coñecido fotógrafa estará aberto ata o 26 de febreiro, deixa paso a un ano expositivo no que o CGAC tira das colaboracións e coprodución con outros centros.
Abre a programacion deste 2012 a mostra sobre a Colección Helga de Alvear que chegará ao público o vindeiro 23 de marzo. Trátase dunha das colección de arte internacional privada máis destacada de España, iniciada en 1967 por esta alemá afincada en Madrid e que xa se puido ver en mostras puntuais en Barcelona, BadaxozÂ… e o ano pasado en ARCO baixo o tÃtulo So whath. Agora, será Miguel von Hafe quen estableza unha liña discursiva dunha colección que ten nomes como Dan Flavin, Kapoor, Gursky, Tillmans, Spalletti, Rebecca Horn, Uslé, Mariko Mori, Jenny Holzer, Mona Hatoum, Araki, Tacita Dean, Whiteread, Rhoades, Schütte, Fiona Tan, Beuys, Warhol, Thomas Ruff, Bourgeois, Baldessari, Equipo Crónica, Ai Weiwei, Santiago Sierra...
De Bianchi a Fernando Casás
O 30 de marzo será un dÃa inauguracións dobres coa de Rafael G. Bianchi (con David G. Torres como comisario) e a apertura ao público do proxecto de produción propia que pretende buscar aos novos creadores da arte galega. A primeira entrega desta iniciativa chámase Gravity & Disgrace e ten a Miguel von Hafe como comisario.
Da man doutras entidades, o CGAC achegarase á figura de Esther Ferrer (co ARTIUM) e á faceta cinematográfica de Eugenio Granell (coa fundación do artista, coa que pretenden celebrar o centenario do nacemento do creador). Canda estas, pecha o ano a exposición de Fernando Casás, un dos iniciadores dos movimentos Arte&Natureza, que ocupará todas as salas do CGAC agás o soto, no que farán un novo aceno á música co proxecto Vibracións prohibidas.