O auditorio de Galicia acolle estes días unha exposición que é o resultado dun traballo de produción propia alentada desde hai sete edicións: o certamen ovos valores, que xorde coa intención de alentar a novos valores das artes plásticas en todas as variantes. Unha exposición que dá conta das preocupacións, temáticas e calidade de artistas moi novos, formados tanto nas facultades (a de Belas Artes de Pontevedra rexista unha participación importante) como didácticos. Unha exposición que é un referente da creación do momento.
Son corenta os artistas que foron seleccionados para esta exposición (Hugo Aldatz, Fruela Alonso, Carlos Álvarez, Begoña Ante, Misha Bies Golas, María Blanco, Miriam Cartagena, Rosendo Cid, Marcos Covelo / M8K8, Culture Workers, Manuel Eirís, Tamara Feijoo, Carla Fernández Andrade, Iván Ferreiro, Marta Fortes, Iván Franco, Lúa Gándara, Ignacio García Gómez del Valle, Lucia García Rey, Amaya González, Enrique Lista, Noemí Lorenzo Pérez, Carlos Maciá, Jesús Madriñan, Joan Morera, Antía Moure, Álvaro Negro, Gemma Pardo, Lois Patiño, Cillas Seyde, Ismael Teira, Mauro Trastoy, Edu Valiña, Juan Varela e Verónica Vicente); son catro os accésits (Jacobo Bugarín, Josetxu F. Cárcamo, Christian García Bello e Horacio González) e un só o premiado, o vídeo de Federico Vladimir Strate Pezdirc.
Con todo, entre todas as súas obras non se pode apreciar unha coherencia xeracional, hai certas preocupación comúns, mesmo modos de traballar e reinterpretar a época que vivimos. En canto aos soportes, existe unha variada convivencia das obras selecionadas nesta ocasión leds, pantallas, pintura, papeis, colaxes e calquera forma.