O Parlamento de Galicia acolleu hoxe unha sesión plenaria na que o Conselleiro de Cultura acudiu para falar da internacionalización da cultura galega. “Un tema de extraordinaria importancia” segundo o deputado popular, AgustÃn Baamonde que acusou a socialistas e nacionalistas de “non atender nin entender” as polÃticas de traballo da administración. Na súa intervención, Roberto Varela enumerou e detallou todas as accións exteriores para os diferentes sectores (audiovisual, músical, patrimonio, artes escénicas) a través das distintas propostas e programas desenvolvidos nos últimos anos e ofreceu cifras desa actuación. Citou cifras do ICEX para evidenciar un incremento das exportacións relativas a cultura.
Na súa última intervención, Roberto Varela explicou que a internacionalización é “un traballo a longo prazo, que non se basea en grandes desembarcos senón que tardará en recoller froitos”. De tal xeito, Varela ensinou un gráfico do ICEX que evidencia o incremento da exportacion dos produtos culturais. Ademais, tamén ofreceu cifras do INE que apuntan que este principios de 2011 habÃa rexistradas 7119 empresas o que, en palabras de Varela “implica que medrou un 2.5% empresas dedicadas ás industrias culturais”.
Os sectores
A súa a intervención comezou explicando a presenza no exterior das diferentes industrias culturais, estendéndose de xeito destacado no eido musical. Detallou a creación da marca Galicia, o regreso á plataforma Sounds from Spain asà como as diferentes accións comerciais en Arxentina, Brasil e a presenza en Feiras como o Womex (Copenhague). Actividades que cuestionou a deputada nacionalista, Ana Pontón, quen acusou á Xunta de facer acción publicitarias, sen convocatoria aberta, que se reducen a contratacións de funcións. Pontón lamentou “que non se aproveite ese traballo de contratación de música doutras latitudes para conseguir proxectos de intercambio da cultura galega”.
Con respecto ao sector audiovisual, Varela detallou os convenios con entidades como o ICEX, FAPAE e o ICAA para promover a presenza e participación en mercados; as iniciativas do Consorcio Audiovisual de Galicia co financiamento de proxectos de coprodución con Brasil ou Arxxentina asà como a edición do catálogo “Films From Galicia”. A deputada socialista, Concepción Burgo, aproveitou a súa comparecencia para explicar que “desapareceu a partida destinada a internacionalizacón que hai tres anos era de 1.2 millóns de euros agora desapareceu”, asà como no caso concreto do audiovisual descendeu un preto dun 70%.
O conselleiro aproveitou a súa intervención para reiterar que a súa estratexia “parte da base que a cultura é un elemento identitario e que ten un destacado compoñente económico”. E trazou liñas de actuación con programas especÃficos dos circuÃtos de programación exterior; unha liña de publicacións de difusión internacional, o uso das novas tecnoloxÃas (coa dixitalización de fondos e a posta ao público na rede e a través da biblioteca do Arquivo de Galicia) .