DedÃcanlle ao teatro unhas oito ou dez horas semanais, preparan unha montaxe anual e fano por amor á arte. Os 57 grupos que integran a Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea) reunÃronse esta fin de semana cos seus hómologos doutras comunidades para crear un circuÃto de teatro, buscar solucións a problemáticas comúns e exhibir o seu pulo creativo.
“Non somos compañÃas porque non somos profesionais, a nós gústanos chamarnos grupos de teatro” puntualiza Chelo Pampillón, presidenta da Federación Galega de Teatro Afeccionado. É unha entidade que agrupa a 57 formacións de teatro afeccionado que funcionan en Galicia. Con todo recoñece que non son todos os que están. "GustarÃanos ter unha forza asociativa maior, pero nos dez anos que levamos traballando xa incrementamos o número e, aÃnda que hai compañÃas que non fan parte da federación, si que se benefician dos logros conseguidas por nós”. En canto as cifras que manexan estas agrupacións, figuran “entra unhas 13-14 actuacións no marco da actividades promovidas pola Fegatea, máis as que despois pode facer cada compañÃa por separado”. E para desenvolver estas iniciativas a entidade conta co apoio da administración. Agadic achega a través dun convenio bianual 110.000 que contribúen a financiar as actividades formativas, divulgativas e as funcións destas entidades a través dos diferentes ciclos que organizan anualmente.
Segundo Pampillón, as cifras e o volume de actividade que se rexistran en Galicia “son un luxo para outras comunidades, tal e como nos din os responsables doutras federacións que nos reunimos estes dÃas en Santiago”. Esta fin de semana, a Cidade da Cultura acolleu unha xornada á que asistiron das distintas realidades teatrais de carácter afeccionado do panorama estatal coas que Fegatea pretende estreitar vÃnculos e tomar decisións comúns.
As decisión
“As directivas deste tipo de entidades estamos de acordo en moitos puntos e temos que presentalos nas asembleas aos nosos socios, aprobalos e logo poñelos en marcha” explica Chelo Pampillón, presidenta da Fegatea. Malia que esta entidade desenvolveu esta fin de semana unha xuntanza e, loxicamente non se incluÃron na sesión da orde do dÃa, “sà que se falaron na xuntanza e foron moi ben vistas por todos”. Algunhas das decisións que se analizaron no encontro desenvolvido na Cidade da Cultura, pasan por conseguir intercambios a nivel das diferentes federacións. “Pretendemos que nos ciclos de teatro que organizamos en Galicia, como o AgustÃn Magán, haxa grupo doutras comunidades, e viceversa” explica Pampillón. Os intercambios non serán só a nivel federación, xa que pretenden abrir o sistema para que as propias compañÃas poidan establecer vÃas de colaboración de xeito individual.
Outras decisións pretendÃan expor a realidade concreta das compañÃas teatrais para buscar solución conxuntas. A negociación de dereitos coa SGAE ou mesmo a contratación de pólizas de seguro privadas (coberturas para accidentes durante os desprazamentos e función deste tipo de actividades) foron asuntos que se debateron de xeito conxunto. “Non é o mesmo negociar unha póliza de accidentes por parte dunha compañÃa individual, que facelo a nivel federativo cun maior número de compañÃas e é un dos asuntos importantes a regular” explicaba Pampillón. No caso da SGAE, desde Fegatea chegaron a un principio de acordo coa entidade que “poderá servir de axuda para o doutras entidades”.
Coa refrendo das conclusións e das medidas acordadas por parte das federacións respectivas, haberá unha vindeira xuntanza para por sobre a mesa as actuación e poñerlle data a cada cousa. “Era moi importante esta xuntanza que nos permitiu coñecernos as caras todas as entidades e reactivar a colaboración entre un grupo de xente que ten problemática común” explicaba a presidenta de Fegatea que non precisou cando terá lugar esa nova xuntaza.
O perfil do grupo
Nestes dez anos de traballo polo teatro afeccionado, desde Fegatea conseguiron consolidar un ciclo teatral como o AgustÃn Magán, no que se da conta de que non son profesionais, pero que o asumen cunha grande seriedade.
Non existe un perfil único para unha compañÃa de teatro afeccionado. “Hai desde albaneis, médicos, psicólogas, sociólogosÂ… Hai moita variedade” explica Chelo Pampillón. Tanto na das profesións como na das idades, xa que non hai lÃmites de idades neste tipo de entidades. A casuÃstica deste tipo de entidades varÃa tamén moito porque algunhas insÃrense na oferta de actividades que se organizan no marco das asociacións culturais, outras son a única actividade desa entidades e outras non gardan ningún tipo de relación. Por iso, algúns dos membros destes grupos pagan pola actividade e outros non. “Non se pode establecer un único perfil porque somos moi variados, o único que nos une é o amor ao teatro, e supoño que por iso, se lle chama teatro amador” explica a presidenta de Fegatea.
A súa relación co teatro profesional é moi boa. “O teatro afeccionado devólvelle ao profesional público” explica Pampillón. Ela dirixe desde hai moitos anos un grupo afeccionado e aÃnda que foi tentada en varias ocasións a dar o salto a profesional recoñece que “non o fixen porque non quixen porque a min o que me gusta é isto, actuar por amor ao teatro”.