José Palmeiro. Paisaxe. Á venda na galería Landra
Nun momento crítico para a situación da exhibición, promoción e divulgación da arte tal e como a coñeciamos, por mor da crítica situación orzamentaria dos museos, as incertezas sobre o futuro da obra social das entidades financeiras e os apoios públicos a galerías, Santiago capitaliza tres iniciativas, de diferente índole e proxecto que pretenden rachar con numerosos tópicos establecidos. Son Landra, A.dfuga e A Travesa, tres espazos que teñen a arte como epicentro da súa actividade.
Non son espazos “por amor á arte”, senón que entonan máis ben un “a propósito da arte”. Comparten o feito de ser iniciativas privadas que entenden que hai oco no mercado para unha forma diferente de achegar e compartir a arte contemporánea.
Un proxecto asociativo
Foi na primavera cando Delio Sánchez e Mariano Casas abriron unha páxina en facebook co obxectivo de buscar artistas que se dedicaran á pintura, debuxo, fotografía, escultura e escritura. “Nós queríamos reivindicar a arte de oficio porque últimamente nos circuitos culturais ten moita cabida a arte contemporánea e conceptual e estase a infravalorar este tipo de arte” explica Delio. O resto, foi nun abrir e pechar de ollos. En setembro xa tiñan constituída a asociación (formada por 18 artistas de oficio) e alugado un local no que desenvolven as súas actividades. Chámanse A travesa.
A proposta encerra numerosas particularidades. En primeiro lugar, os estatutos desta sociedade proponse que teñan que teña que ser autoxestionada. Iso, tal e como explica Delio, significa “que toda a actividade e os gastos do local se sosteñen coa cota dos socios e nunca con subvencións, de feito renunciamos de facto a esta posibilidade”. En segundo lugar, o público entra de balde a todas as propostas que se realicen no espazo, ben sexa nas exposicións, ben sexa a observar aos diferentes artistas no seu lugar de traballo. “No fondo, o que pretendíamos era ter na zona vella un obradoiro, no que os diferentes artistas asociados puideramos traballar e que o público fose quen de ver a un creador no seu lugar de traballo” puntualiza Delio. E o a xente responde. “Temos un pouco de todo, xente que repite porque lle gusta e caras novas que se achegan pola curiosidade. O boca orella está a funcionar moi ben” explica Delio.
A proposta creativa
A.dFuga tamén é unha proposta colaborativa, pero neste caso conta cun cariz diferenciado. Paula Cabaleiro, Carmen Cabaneiro e Beatriz Suárez coñecéronse no marco dun Mestrado de Arte e Museoloxía da Universidade de Santiago. Vendo o panorama de galerías actuais, decidiron que había oco para “aires novos”. “Interésanos a creación porque dúas de nós somos creadoras, e interésanos tamén crear un espazo qu sirva de debate e de reflexións no que poñer a andar en momentos de incertidume” explica Paula Cabaleiro. Tiraron de aforros propios e puxeron en marcha unha galería que pretende buscar ao novo coleccionista. “O coleccionista tradicional ten un perfil moi marcado que leva unha traxectoria no sector, gústalle a arte e vai seguir mercando, pero nós pensamos en que hai nichos novos, xente nova que lle interese a arte, o debuxo e poder ter prezos competitivos” puntualiza Paula que cre que hai moita xente ´que lle gusta a arte e que está disposta a facerse con pezas pequenas.
A aposta galega
Máis na liña de A.dFuga no carácter comercial dunha galería, nestes últimos tempos tamén xorde Landra. Trátase da “primeira galería virtual de arte galega, especializada en obra gráfica e fotográfica de grandes artistas galegos”. Rubén Martínez e Elena Montero son as cabezas visibles deste proxecto que pretende achegar a arte galega a todos os públicos. Con prezos asequibles, desde os 100 ata os 400 euros teñen proposta fotográfica, obra serigrafiada e diferentes traballos que teñen un fío común: que sexan artistas galegos. Malia que teñen un espazo físico en Santiago para os seus proxectos, prefiren centrar na rede o seu foco de actividade.
Existe outro factor e denominador común a estes proxectos, que consideran que o dinamismo ha de ser unha das súas características definitorias. No caso de A Travesa, a súa máxima consiste en facer exposición a un ritmo moi vertixinoso, cada quince días. “Pretendemos que o espazo se dinamice coas exposicións dos nosos artistas asociados, pero tamén con outras actividades que poden provir doutras entidades ou colectivos” explica Delio que ten en mente que todos o xoves se desenvolva algunha iniciativa (un obradoiro impartido por algún membro da asociación, concertos, presentacións, unhas xornadas….) . Algo semellante á iniciativa que pretende desenvolver A.dFuga, que onte desenvolveu a primeira das sesión de reflexións para debater sobre o contexto actual da arte. Unha forma de complementara súa oferta expositiva que, tal e como apunta Paula Cabaleiro, “pretendemos achegar un artista novo cada mes e medio”.
Diferentes propostas con diferente orientación pero cunha xénese privada que pretenden dar conta da fortaleza actual do sector creativo, xusto en tempos de crise.