Amantes do cine por riba de todo. Tanto que non importan as condicións climatolóxicas e os espazos nos que se proxectan as súas actividades. Da vintena de cineclubes que resisten en Galicia, destaca o de Chantada, que programa unha semana de cinema independente, de moi diferente orixe (iranÃ, romanésÂ….) ata de 35 nacionalidades diferentes, que proxecta “aÃnda que chova”, asegura Lola González secretaria da federación que agrupa o traballo destas entidades. Pero non é a única singularidade da súa actividade que teñen desde cinematecas con rodas ata obradoiros.
“Temos exemplos de xente maior que viña as nosas proxeccións porque grazas aos subtÃtulos, era a única forma que tiñan para ver cine, xa que non oÃan moi ben” asegura Manuel Precedo, do Cineclube Padre Feijóo en Ourense. Outros modelos, como o de Chantada permite a unha localidade ter acceso a filmes a través dunha semana de programación, pero tamén dunha peculiar videoteca que bautizaron como “cinemateca con rodas”. O Cineclube de Compostela subtitula en galego e pon eses material a disposición do usuario. Son modelos diferentes dunha actividade asociativa.
Alén do carácter de voluntarismo, existe outra realidade innegable ao fenómeno dos cineclubes, que destaca o feito de que son, nalgúns casos as únicas vÃas de acceso ao cinema. Chantada, Carballiño, o BarcoÂ… algunhas das 22 entidades que existen na nosa comunidade son pequenas illas no deserto. A Federación de Cineclubes ten, nas súas memorias anuais, cifras de cantas proxeccións se realizan nestes espazos. Desde o ano 2000, descendeu á metade o número de proxeccións realizadas. Pasouse de 541 en 200 a 258 no ultimo ano, segundo os seus propios cómputos. Este descenso de proxeccións obedece a unha realidade aÃnda máis triste que, é que moitas das entidades que programaban cinema deixárono de facer. “Trátase dunha actividade de voluntariado e chega un momento no que te cansas de tantos atrancos, fáltanche folgos e acabas deixándoo” asegura Manuel Precedo.
As máis peculiares
Se hai unha asociación que, sen local propio, sen cotas de socios e sen unha vÃa de financiamento estable organiza actividades peculiares esa é, sen dúbida, o Cineclube Os Papeiros de Chantada. O seu responsable Anxo Moure sintetiza en tres liñas a súa vÃa de actividade. “Dunha banda temos a Cinemateca con rodas, que permite compoñer ao alcance da xente filmes alternativos; despois temos a “Semana de cine” que vai cumprir vinte anos en formato de 35 milÃmetros e logo está a “semana de curta”que, malia que é en formato DVD, temos un magnÃfico proxector que nos permite ofrecer os traballos con grande calidade” asegura Anxo Moure. A primeira destas iniciativas, a cinemateca con rodas, consiste nun catálogo de 400 tÃtulos que inclúe filmes atÃpicos e moi diferenciados do que existen noutros depósitos semellantes. “Está na casa da cultura de Chantada, funciona como un videoclube alternativo e temos usuarios que chegan mesmo desde Santiago para facer acopio de tÃtulos” asegura Moure. Teñen unha media de corenta préstamos que, tendo en conta o carácter temático da selección e que está situada nunha localidade que non ten nin unha pantalla de cinema, é unha cifra notoria. Ademais, para os profanos na materia, o cineclube elabora “unha especie de menús, que funcionan a modo de asesoramento en función do perfil da xente” explica Anxo Moure, quen aproveita para matizar que a actividade desta entidade estivo sempre moi vencellada á educación ambiental. Se esta proposta é destacada, non o é menos, a actividade da súa semana grande que chegou a congregar ata 400 persoas nunha sesión e “mesmo chovendo”. Chantada non conta (aÃnda que está en fase de construción) cun auditorio, de tal xeito que todas as actividades culturais que se organizan han de facerse en plena rúa. “Malia que escollemos agosto para celebrar as nosas actividades, xa sabemos como é o tempo aquà e algunhas veces chove”. Para Lola González, da Federación de Cineclubes de Galicia, “resulta moi satisfactorio ver que a xente asiste as proxeccións mesmo cando chove”.
Servizo público
Hai un valor inherente a actividade dos Cineclubes, que ten que ver co papel social que fan as súas proxeccións, dunha banda nas localidades nas que non existen pantallas de cine (as provincias de Ourense e de Lugo son especialmente sintomáticas neste sentido tendo en conta os casos de Chantada, Carballiño, o Barco de Valdeorras) e da outra do valor formativo que ofrecen na súa actividade. Tanto Manuel Precedo (Cineclube Padre Feijoo) como Pablo Cayuela (Cineclube Compostela) destacan por desenvolver un intenso labor didáctico arredor das proxeccións que inclúe desde a elaboración de folletos de sala como nos coloquios posteriores ás proxeccións. No caso do Cineclube Compostela destaca tamén o inequÃvoco compromiso co idioma. Todas as proxeccións desta entidade están no noso idioma, con todo o que iso implica. “a maior parte das copias non teñen subtÃtulos en galego e entón o principal labor que facemos é subtitular todos os filmes” explica. Un traballo que lles ocupa entre 10 e 15 dÃas e que logo soben á rede (a través do sitio web do Cineclube) para que os usuarios os poidan descargar.
Completa o perfil outras entidades que teñen un valor destacado polo tempo que levan desenvolvendo a súa actividade. É o caso do Cineclube de Pontevedra, o máis antigo de todo o Estado que continúa desenvolvendo actividade de xeito ininterrompido desde 1954. Sete anos despois fÃxoo o de Santiago, que arrincou o 5 de novembro de 1961 con Il cappotto de Alberto Lattuada as súas proxeccións. Precisamente, do traballo desta entidade falarán esta tarde dous dos seus antigos directivos (Alfonso Rey e César Antonio Molina) no marco dunha xornada organizada polo Ateneo de Santiago na sede da Fundación Novacaixagalicia, Claudio SanmartÃn. Unha forma de por en valor o traballo dunhas entidades que, cun ritmo de alto de actividade, atravesan momentos difÃciles pola falta de apoio por parte das administracións.