En plena crise, Cultura presenta uns orzamentos nos que, segundo o seu titular Roberto Varela, están marcados pola “austeridade e o rigor das contas”. O conselleiro deu conta no Parlamento de cómo se executarán as partidas dun presuposto que están marcados por dúas caracterÃsticas: os catro edificios construÃdos da Cidade da Cultura estarán abertos ao público por primeira vez e, por outra banda, son os últimos da actual lexislatura. Revisamos as principais liñas de traballo para o 2012.
Cultura contará con 153,6 millóns de euros para executar as súas liñas de traballo en 2012. É un 5.4% menos que no ano anterior, tal e como recoñeceu o seu titular, Roberto Varela. Pero para Ana Pontón, deputada nacionalista, a lectura debe facerse con outra perspectiva "a cultura sufriu un recorte do 42.45% desde que goberna o Partido Popular" para un pouco máis tarde apostillar que “os orzamentos da Xunta non descenden en xeral, senón que o que descende é a cultura”. Durante as máis de dúas horas que Roberto Varela e o seu equipo estiveron no Parlamento desgranaron cales serán as liñas de traballo no vindeiro ano. “Son as contas da austeridade e do rigor” puntualizou Roberto Varela, ao que as deputadas nacionalista e socialista, Ana Pontón e Concepción Burgo, respectivamente reprocharon os continuos desfases orzamentarios e as continuadas modificacións de crédito. Concepción Burgo puxo como exemplo a supresión das axudas a entidades locais, suprimidas ao longo da presente lexislatura malia estar debidamente orzamentadas para este 2011.
Bibliotecas e libro
“Se o 2011 pasou a historia pola apertura da Biblioteca de Galicia, o 2012 destacará polo papel e funcionamento desta entidade con actuacións como o desenvolvemento do catálogo, unificación de Bases de Datos, potenciar a biblioteca dixital e coordinando proxectos de dixitalización” puntualizou Roberto Varela. Ademais, para o vindeiro ano continuaranse con liñas de traballo xa consolidadas como as feiras do libro, a participación en encontros internacionais, as axudas a tradución e outras linguas, asà como apoio a adquisición de libro galego. Varela anunciou a celebración do Congreso Galego da Edición “que estaba previsto na lei do libro”.
No marco da Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos están consignadas axudas a entidades sen fin de lucro no que destaca unha partida de 190.475 euros para a Real Academia Galega (que recibe outros 45.000 euros máis para a realización de actividades) e outra de 165.000 para a Fundación Camilo José Cela. Nas partidas destinadas a outros entes públicos e outras sociedades, destaca a partida de 2.595.803 para o Consorcio da Cidade de Santiago.
Patrimonio
Con respecto ao Patrimonio Varela separou os investimentos de execución propia con cargo a fondos propios, dos que se fan en colaboración con outras entidades, como pode ser o Ministerio de Fomento, con cargo ao 1% cultural.
Neste sentido, o titular de cultura destacou a importancia da Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxico e enumerou os investimentos previstos en tres entidades (o do Mundo Romano, o do Megalitismo e o da Romanización) trala apertura en 2011 do de Arte Rupestre de Campo Lameiro. Sen embargo, na quenda de preguntas, Ana Pontón apuntou que coas “partidas orzamentaria consignadas non se pode facer outra cousa que non sexa un proxecto”.
Roberto Varela anunciou un investimento dun millón de euros na muralla de Lugo. Algo que foi criticado pola deputada socialista, Concepción Burgo, que dixo que “non se destinou nin un euro en Lugo en ningunha actuación relativa ao patrimonio e que o exemplo pode ser a fonte da Pingadela no que o concello achegou máis cartos que a Xunta” puntualizou. Na opinión de Concepción Burgo o problema é que “coa súa polÃtica están trasladando aos concellos a responsabilidade da rehabilitación”.
Industrias culturais
“Agadic contará cun orzamento de 15.1 millóns de euros, un 19% máis que en 2011, que se centrará na xeración de polÃticas que estimulen a creación de postos de traballo” apuntou Roberto Varela para falar desta entidade. A súa prioridade é “o impulso e apoio da actividade empresarial” ao tempo que anunciou unha dotación de 7.4 millóns de euros para produción artÃstica e anunciou a creación dunha liña de axudas a festivais (de música e artes) que cobren no despacho de billetes e teñan afluencia de público. “O Centro Dramático Galego eo Centro Coreográfico Galego convertesen en centros de referencia” puntualizou o Conselleiro. A este respecto, a deputada Ana Pontón puxo en tela de xuÃzo o incremento das partidas para esta entidade, ao indicar o incremento ten lugar “no capÃtulo de gastos correntes (aqueles que inclúen servizos persoais (soldos, salarios e prestacións) ou materiais e subministros (papelarÃa, combustiblesÂ…) ou servizos xerais (auga, luz e teléfono)” . ademais, Pontón preguntou "cantos dos fondos previstos para o 2012 xa están comprometidos para cubrir débedas do ano 2011”, ao que Roberto Varela non contestou. Si o fixo ás crÃticas de descenso de actividade e producións do Centro Dramático Galego e do Centro Coreográfico Galego, cando Roberto Varela tirou man do éxito e proxección que tivo “A ópera dos tres reás” tanto en Galicia, como na xira polo resto do Estado.
Con todo, Roberto Varela indicou que para o 2012 a “prioridade dos orzamentos é o impulso e apoio a actividade empresarial que se concreta no caso do Agadic cunha partida de 7.4 millóns de euros para produción”.
O turismo
O turismo implica case o corenta por cento (o 38.4%) dos recursos da ConsellarÃa de Cultura. Logo da aprobación da lei de turismo este ano, o departamento de Roberto Varela “buscará unha reformulación da polÃtica turÃstica cos obxectivos de desestacionalización, é dicir, de aumentar a estadÃa e o equilibrio territorial”. Asà o explicou o conselleiro, ao tempo que cifrou en dez millóns e medio, a liña de axudas destinadas a promover o sector. Entre as actividades previstas destaca a posta en marcha do Plan de Arquitectura para posicionar a marca Galicia a través de actividades promocionais, asinar convenios diferentes entidades, formación activa en materia turÃstica para unha mellor profesionalización do sector e o desenvolvemento de proxectos TIC no turismo.
As outras entidades
O 2012 é o primeiro ano no que estarán operativos catro edificios da Cidade da Cultura. Esta entidade contará con case o 17% do orzamento total da ConsellarÃa de Cultura. “Neste ámbito, a liña de traballo pasa polo desenvolvemento de contidos” asegurou o conselleiro Varela, alén doutros especÃficos como ampliar a participación da sociedade galega e fomentar o traballo dos creadores. Nas mesmas liñas de acción se sitúa a Fundación Illa San Simón que este ano pretende manter no 2012 uns 170 dÃas de ocupación pero agora “co obxectivo de posicionamento internacional”. Outras entidades, como o Instituto de Estudos TurÃsticos (298.920 euros) impulsarán o Observatorio do Turismo de Galicia e Turgalicia (4.266.000 euros) ten prevista a súa participación en 31 certames, workshop e centros de traballo. Os traballos de mantemento e promoción do Camiño de Santiago serán as liñas de traballo do Xacobeo, que contará con nove millóns e medio de euros.