As chuvias destes días ameazan a existencia de dous petróglifos únicos en Oia

Un deles xa está sepultado baixo o aluvión de rochas

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O canteiro Xabier Garrido alertou das consecuencias das intensas chuvias de final de outubro sobre os petróglifos do río Vilar. A modificación da canle do río provocou o arrastre de pedras sobre dous importantísimos petróglifos da área de Oia: o de Auga dos Cebros, coa consecuencia de que un deles ficou soterrado e outro está a sufrir as erosións das correntes de auga. Os petróglifos representan embarcacións de factura mediterránea e permiten documentar a existencia de contactos entre o Mediterráneo e o Atlántico en datas moi temperás. Os dous petróglifos carecen de ningún tipo de protección fronte ás riadas e, en palabras de Xabier Garrido, están a verse moi afectados pola situación.

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Oia, Mediterráneo, Atlántico