Onte, o Consello da Xunta aprobou a incoación do expediente de Ben de Interese Cultural (BIC) para o Mosteiro de Herbón, un cenobio franciscano fundado no século XIV. Hoxe coñecemos máis elementos dese proceso. Segundo nos conta Manuel Dios, presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz, a denominación do mosteiro como BIC era unha das condicións esixidas polo Ministerio de Fomento para que o edificio poida ser rehabilitado con cargo ao 1% cultural.
A proposta é ambiciosa: cun proxecto de rehabilitación de Pedro de Llano, parte do mosteiro acollerá as instalacións do Centro Internacional pola Paz, que comprende entidades como o Seminario Galego de Educación para a Paz, a Fundación Cultura de Paz, a Cátedra UNESCO de Cultura de Paz da Universidade de Santiago ou o futuro Centro UNESCO de Galicia. Manuel Dios sinalou que ese centro, que terá un ámbito galego, centrarase na difusión dos valores da UNESCO e en cuestións de patrimonio inmaterial, e integrará aos clubes UNESCO de carácter local existentes neste momento en Galicia. Antes de final de ano, comezará o proceso de constitución de cara a elaboración da proposta que deberá ser aprobada por esta entidade internacional.
O Ministerio de Fomento financiará o 75% das obras de rehabilitación, o que suporá un orzamento de 700.000 euros. O outro 25% será financiado polas entidades promotoras.