Os traballadores da CRTVG decláranse en folga pola nova Lei dos Medios Públicos

Os comités deciden hoxe se prorrogan unha semana a folga convocada para hoxe

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

Cando o Partido Popular gañou as eleccións anunciou un paquete de reformas de textos xurídicos que afectaban ao sector da comunicación, entre eles a da CRTVG (da que xa houbera intentos previos). Tralo coñecemento de que Partido Popular e PSOE de Galicia pactaran o texto da nova Lei dos Medios Públicos Audiovisuais, os traballadores responderon cunha convocatoria de folga. Hoxe é o primeiro día desa vaga de protestas que xustifican o parón en que o novo texto “deixa aberta a porta á privatización da CRTVG, ao despedimento de boa parte dos seus traballadores e traballadoras, e que ademais reforza o control político da información”.

Ás dez da mañá desenvolveuse unha concentración diante do Parlamento, lugar no que se aprobará a futura lei que afecta á televisión e radio pública do país e que converterá a actual CRTVG nunha Corporación. A folga convocada para hoxe “podería prolongarse durante unha semana completa se así o deciden as asembleas” asegura o manifesto difundido polo Comité Interempresas da Compañía de Radio Televisión de Galicia.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CRTVG, Partido Popular, PSOE, Manifesto...