A Cultura está a facerse un oco crecente e cada vez máis institucionalizado nos concellos galegos. Cando menos, asà se desprende do informe A situación sociocultural dos concellos galegos de menos de 50.000 habitantes que se presentaba esta mañá no Consello da Cultura Galega. A análise, coordinada por Xesús A. Lage Picos, achega unha visión fundamental para comprendermos a situación da cultura do paÃs fóra das grandes cidades.
Hai vinte anos, un equipo dirixido por Xoán Bouzada facÃa a primeira análise da situación da cultura nos concellos galegos co Mapa Cultural de Galicia Desde aquela, detectáronse abondosas mudanzas nos xeitos nos que se concibe este sector, especialmente desde as institucións locais. O estudo que vÃa a luz esta mañá no Consello da Cultura Galega elaborouse en colaboración coa Universidade de Vigo, e recolle datos de 273 dos 308 concellos do paÃs que teñen menos de 5.000 habitantes. Na súa elaboración participarón, canda a Lage Picos, os tamén sociólogos Xosé ElÃas Trabada Crende e mais Mercedes Fernández Gestido.
A institucionalización
“Está a se dar un incipiente proceso de institucionalización da cultura nos concellos galegos de menos de 5.000 habitantes”, apunta Xesús Lage. Deste xeito, o número de departamentos de Cultura multiplicouse por tres nas últimas dúas décadas, e o número de persoas que traballan neste campo desde as administracións locais chegaba, no nomento de elaboración do estudio, a 500 persoas, cinco veces máis que na anterior análise. Dentro desta progresiva profesionalización do sector cultural increméntase o interese polo traballo de técnicos e animadores socioculturais, que o 94,1% dos concellos considera conveninentes fronte ao 66,3% que percibÃan esta necesidade hai vinte anos. Do mesmo xeito, naceron neste perÃodo un total de 12 organismos autónomos de cultura, que se ven non funcionan en todos os casos, amosan un interese por contar con organismos permanentes centrados na cuestión.
O investimento
De xeito curioso, o investimento en cultura non está directamente relacionado coa poboación do concello. Segundo descobre o informe, se ben é certo que son aqueles que teñen entre 20.000 e 50.000 habitantes os que destinan unha maior porcentaxe dos seus orzamentos a este campo, cun 6,1%, séguenos aqueles que teñen entre 5.000 e 10.000 habitantes, que achegan un 5,1% dos seus recursos a cultura. Canda ao tamaño, son as entidades locais da Coruña e de Pontevedra as que máis apostan economicamente polo sector.
As actividades
“A heteroxeneidade é a tónica na programación municipal de cultura”, explica Mercedes Fernández. “En moitos casos son propostas conservadoras, cunha oferta que adoita se repetir que en moitos casos está vencellada ao ciclo anual”. Nesta tendencia, no entanto, apuntan a importancia que teñen en moitos casos as asociacións locais, que “axudan a vehicular as demandas da poboación e serven tamén para difundir as propostas municipais”, lembra Fernánez.O desenvolvemento de actividades culturais atópase vencellado ao desenvolvemento socioeconómico nos casos dos concellos máis pequenos, mentres nos que superan os 5.000 habitantes as propostas céntranse máis no desenvolvemento de expresións culturais galegas, a música o teatro e máis a danza. “Está a ser dar unha crecente consideración da cultura como un eixe estratéxico e un recurso económico , e vencéllase á proxección exterior do concello e mesmo ao turismo”, advirte Lage.
As infraestruturas
Outra grande evolución da cultura nos concellos foi un enorme incremento nas infraestruturas dedicada a este ámbito nos últimos vinte anos. Segundo sinala o informe ,“fÃxose un considerable esforzo por todas os concellos de medios para o desenvolvemento de servizos culturais”. Neste campo, destaca a crecente implantación das bibliotecas, das que só carece un dos 273 concellos estudados, e mais a implantación crecente das casas de cultura, que quintuplicaron o seu número neste perÃodo. Logo dos centros dedicados á lectura, destaca a implantación de centros socioculturais polivalentes, que existen no 77% dos estudados, escolas de música, arte, baile e danza (no 67% dos concellos), salas de arte ou exposicións (60,8%) e as xa mentadas casas da cultura (57,5%). Malia a isto, continúa como unha tónica nos ultimos vinte anos a prioridade que lle outorga á posta en marcha e mantemento deste tipo de instalacións. Canda a isto, a demanda de novas instalacións, a necesidade de incorporar persoal á área de cultura e o apoio ao tecido asociativo compoñen os grandes eixes de prioridades para as entidades locais. A crise semella que está a marcar unha redefinición da prioridade que se lle outorga ás infrestruturas. Un 56,8% dos concellos non prevé desenvolver novas instalacións deste tipo, aÃnda que os máis afectados por esta tendencia son os que teñen menos de 5.000 habitantes. Naqueles que superan esta poboación, seis de cada dez prevén novos equipamentos, e detéctanse grandes diferenzas provinciais, cun 51,9% dos concellos coruñeses que teñen proxectos neste sentido fronte a un 28% dos ourensáns.
Diferencias de concellos
A nivel de dinámicas culturais, este estudo constata diferenzas importantes entre os concellos da costa, especialmente nas provincias da Coruña e Pontevedra e mais aqueles do interior. Segundo explica Xosé ElÃas Trabada, “na Coruña e en Pontevedra hai moito máis dinamismo. Por unha banda hai máis entidades de poboación periurbanas, zonas moi poboadas con hábitos culturais propios da cidade. Canda a isto, inflúe tamén a demografÃa. En concellos cun grande peso de habitantes de máis de 50 anos as demandas son diferentes”. A nivel númerico, a variación dáse en diferentes ámbitos como as previsións de novos equipamentos culturais ou mesmo a porcentaxe de investimentos dedicados á cultura nos orzamentos.
O perigo da crise
Malia á crecente institucionalización, os investigadores advirten que existe unha importante taxa de persoal eventual nos concellos a traballar no campo cultural. “É de supor que coa actual crise boa parte deste persoal foi despedido” lembra Lage. Esta merma nos recursos humanos dedicados á cultura ten unha especial importancia en tanto que o informe sinala que a presenza deste tipo de traballadores marca a existencia de programacións culturais continuas e dunha planificación ao respecto. É dicir, que a súa ausencia nos concellos vai supor a desaparición de prácticas profesionalizadas, de continuidade na oferta cultural e, dunha merma na calidade e cantidade de propostas programadas, para alén do efecto directo que os recortes orzamentarios poidan ter na programación. “A presenza de departamentos e de profesionais especÃficos sentan as bases para que o tratamento que se lle dá a cultura caia menos na improvisación e no oportunismo”, salienta Lage.
Outros problemas de crise
Canda ao problema e a diminución de recursos directos, os autores do informe apuntan o enorme impacto que terá a desaparición da obra social das caixas galegas sobre as propostas culturais dos concellos, xa que estas entidades eran os terceiros maiores fornecedores de recursos neste campo para as entidades locais. Canda a isto, sinalan tamén a necesidade de adaptar as polÃticas públicas neste campo aos actuais tempos de crise económica. A actividade que desenvolven estes concellos en cultura ten unha especial importancia, segundo sinala ElÃas Trabada, “como un importante apoio á autoestima, como unha redistribución de recursos públicos e un xeito de facer chegar servizos dignos e de desenvolver unha estruturación do tecido social, para alén dos grandes actos culturais que se fan nas grandes cidades”.