Son novos (e non tanto), formados e tocoulles o difícil papel de lidiar coa crise. Sen embargo, moitos dos artistas galegos están a facer gala da súa valía en exposicións espalladas por diferentes circuitos nacionais e internacionais. En individual ou en colectivo, a arte galega está presente máis que nunca, fóra das nosas fronteiras.
No Estado un dos principais focos de atracción dos creadores galegos é, indubidablemente, Madrid. A capital do Estado acolle numerosas propostas creativas de artistas galegos nacidas tanto ao abeiro de convocatorias específicas ou proxectos galerísticos. Un exemplo do primeiro é o Injuve, Instituto da Xuventude, que conta con diferentes programas de creación que desta volta conta con varios galegos. Tamara Feijoo (Ourense, 1982) participa nunha das exposicións xurdidas ao abeiro desta convocatoria cun mural realizado na antigua tabacaleira de Madrid, que abriu as súas portas o pasado 22 de setembro. Nese programa tamén está o vigués Olmo Cuña, cun óleo sobre papel no que o artista fai unha reflexión sobre as iconas máis representativas da historia da arte. O meu proceso de traballo sitúase nun territorio ambiguo entre orixinal, reproducción, versión, falsificación ou plaxio detalla o artista que presentou un proxecto que elabora unha historia da arte formalizada a partir de copias nun exercicio interminable de memoria e mímese, un proceso de cita continua.
Tamén na capital está Carlos Maciá (Lugo, 1977) cun proxecto inserido no programa de produción artística Matadero 2011 en Madrid. Proposta á que chega despois da súa participación no proxecto de intervención urbana realizado nas rúas de Lalín (Un disparo de advertencia, ideado por Ángel Calvo), e que logo realizou a proposta Biblioteca intervenida, desenvolta dentro do Festival Desvelarte no Museo de Arte Moderno e Contemporáneo de Santander (do 6 ao 11 de setembro).
No repaso de iniciativas de creadores galegos en Madrid destaca a proposta que o colectivo Democracia e a artista cubana Tania Bruguera veñen de inaugurar. Chámase Arte Útil e desenvólvese no espazo de arte contemporáneo Off Limits. Entre os encargados de levar a cabo esa reflexión sobre a utilidade da arte e a súa vinculación con contexto social, está o artista lucense afincado en Madrid, Rubén Santiago.
Despois de gañar o terceiro premio do certame fotográfico convocado por Aena neste 2011, a obra de Damián Ucieda continúa a súa xira por España. Insírese na exposición Ficións e realidades, que chega ao Museo Patio Herreriano de Valladolid desde o Museo de Arte Moderno de Moscú, onde estivo como unha das iniciativas culturais enmarcadas dentro do Ano Dual España-Rusia.
Afastados dos escenarios habituais, a primeira exposición individual da artista pontevedresa María Xosé Díaz (Catoira, Pontevedra, 1949) terá lugar en Málaga. Será no concello de Rincón de la Victoria que serven para exhibir a súa relación intimista como a natureza que leva por título GENIUS LOCI. Las márgenes del arroyo .
Fóra de España
O Museum Moderner Kunst Kärnten de Klagenfurt (Austria) acolle estes días unha exposición colectiva na que participa a artista galega Mar Vicente, cuxa obra se puido ver a principios de ano en Santiago, da man da Galería Trinta. Nesta exposición, Vicente reproduce algunhas das súas liñas de traballo habitual, no que o exercicio pictórico fai gala de cómo exhibir sentimentos e sensacións. A obra de Mar Vicente está ao lado doutros creadores como Hellmut Bruch, Sabina Hörtner, Suse Krawagna, Manfred Mörth ou Peter Weber.
Coñecida por ser finalista do premio Turner, a coruñesa Ángela de la Cruz presenta a partir desta fin de semana en Londres o seu último proxecto. Baixo o título Stuff on the wall, on the floor, floating in the air.. Trátase dun programa interdisciplinario de catro artistas emerxentes e un comisario elexido pola artista Angela De La Cruz. Comezou sendo un blog mantido polos artistas e o comisario e acbaron xerando unha exposición que dá conta da espontaneidade, o dinamismo e o interese de catro artistas na abstracción.
Diferentes propostas que evidencian que a creatividade galega está a vivir, malia a crise económica, un bo momento.