“A idea da exposición está na liña de poder seguir a evolucÃon da pintura galega dun xeito afastado da visión tradicional”. Para López, “o restrato permite afondar no proceso de modernización da pintura galega desde finais do XIX e comezos do vinte por medio deste xénero”. E é que, para Carlos López, este xénero resulta particularmente acaÃdo para analizar a evolución da pintura galega. “O retrato sobrevive, tanto na arte galega como na internacional porque a súa función social non rematara, especialmente na primeira metade do século XX”. É dicir, a importancia do retrato como sÃmbolo de estatus para determinadas figuras ou clases seguiu vixente nos comezos do século pasado. Canda a isto o xénero “adoptou novas funcións vencelladas ao estilo. O retrato pasa a se empregar como un medio de expresión para procuras formais. Interésame en particular, neste campo, o xeito como a arte galega funciona con rexistros totalmente homologables aos da arte mási internacional. Isto fai del un dos posibles espellos para seguir a arte galega neste perÃodo.
A evolución da pintura
Entre os trazos que destaca este especialista encol da evolución artÃstica que revela o retrato, “permite ver como se vai manifestando a incorporación de determinados trazos de renovación esténtica, que son paralelos ou concorcodan cos movementos da arte internacional de finais do XIX e comezos do XX”. Asà atópanse nos cadros da exposición a presenza de elementos propios do Simbolismo, o Modernismo ou a introdución de elementos costumistas. “Nun segundo momento, o retrato convértese nun elemento marcadamente ligado á evolución formal e pasa a un primeiro plano da creación pictórica!”. Maside, Colmeiro, Souto ou Laxeiro son algúns dos promotores desta renovación. “A partir dos anos 20 presenta vencellos co realismo de entreguerras ou con movementos como a Nova Obxectividade alemá”, continúa o comisario. “VirÃa despois un último perÃodo tamén marcado na exposición que é unha dobre vÃa de regresión e reafirmación da modernidade”. Trátase dos traballos asinados na posguerra e mais nos primeiros anos do exilio por autores como Granell, Maruja Mallo ou Seoane. “Por unha banda dáse unha aposta por posturas máis conservadora a nivel estético, como é o caso de Julián Minguillón. Pola outra, atópanse representacións que conecta coas tensións da época, como é o exemplo do Autorretrato de Laxeiro co que acaba a mostra, de carácter impresionista”.
Retratos nunca vistos
Dentro da variedade de estilos das diferentes pinturas presentes na mostra, o comisario salienta o interese de moitas delas. “En todos os ámbitos hai pezas de enorme calidade. Por exemplo o retrato de Alfredo Brañas de Fenollera, que marca a primeira transformación da arte galega a finais do século XIX. DestacarÃa tamén, xa na postguerra, un retrato de grupo de Minguillón ou a Muller no camiño de Carlso Maside, moi representativa do movemento dos novos, ou o retrato que fixo Corredoira de Nóvoa Santos”, sinala. Boa parte das pezas que se poden ver desde hoxe, 27 de setembro, ata o 20 de novembro no Centro Social Novacaixagalicia de Santiago e do 1 de decembro ao 29 de xaneiro en Pontevedra, non foran antes expostas ao público. Segundo sinala López “foi unha exposición algom áis complicada do que outros proxectos, en boa medida pola procedencia das obras. Parte vén dos fondos de Novacaixagalicia, outra achegáronnas museos e fundacións, e aÃnda algunha viñerons de coleccións particulares, ás veces da propia familia dos pintores ou dos retratados”, explica.
O autorretrato
Se o retrato permite un bo achegamento aos esforzos de innovación dos pintores, o autorretrato é, se callar, aÃnda máis revelador neste sentido. Segundo o comisario “trátase dun fenómeno ligado á construción do estilo. Permite por unha banda evidenciar o aspecto estilÃstico do propio pintor e responde tamén ao proceso de representación da identidade. Poden intrepretarse como espellos do xeito no que o propio pintor quere ser visto, non só como efixise senón como construción e autorrealización da identidade”. Como exemplo, pon o autorretrato de Roberto González del Blanco “no que se ve cunha posstura de dandi, un cráneo na man e unha paisaxe de Florencia ao fondo, respondendo moi ben á autorrepresentación desde o simbolismo”. Desde outra perspectiva, poden verse na mostra “o autorretrato no que Granell se representa como un indio, e amosa todo o mundo surralista bretoniano, coa idea do primitivo como unha pulsión. Hai outro autorretrato no que se ve decapitado ou sangrando, noutro modelo de autorrealización onÃrica”. Na realidade, a tendencia dos pintores galegos a se pintar a si mesmo é bastante habitual. “E moi frecuente, hai moitos que non están na exposición, entre eles algúns de pintores que están presentes con outro tipo de obras. Por exemplo, Castelao ten bastantes, en pequeno formato, e maside tamén ten varios, e moi interesantes.”
GalerÃa: As faces dos pintores
Enrique Campo, Autorretrato, ca. 1908Acuarela sobre papel; 50 x 40 cm; Colección do Museo de Pontevedra. Fonte de todas as imaxes: Novacaixagalicia
Germán Taibo. Autorretrato
ca. 1906-1907 Óleo sobre lenzo; 75,5 x 56,5 cm; Colección do Concello de A Coruña
Roberto González del Blanco. Autorretrato.
1913Óleo sobre lenzo; 118 x 103 cm; Colección particular
Camilo DÃaz Valiño. Autorretrato
1919 Óleo sobre lenzo; 73 x 22 cm; Colección particular de Isaac DÃaz Pardo
Manuel Torres. Autorretrato.
1927 Óleo sobre lenzo; 37,5 x 30 cm; Colección Patronato Municipal de Cultura, Concello de MarÃn
Francisco Miguel. Autorretrato
Laxeiro. Autorretrato.
1952.Colección particular. Moaña, Pontevedra. Imaxe cortesÃa da Fundación Laxeiro.
Maside. Autorretrato
Museo de Pontevedra
Emilio Fernández Rodal. Autorretrato
1932 Óleo sobre lenzo; 100 x 66 cm; Colección Museo de Pontevedra. Depósito da Familia Rodal Zunzunegui
Eugenio Granell. Autorretrato de indio
Tinta chinesa sobre papel; 29,7 x 22,4 cm; Colección da Fundación Eugenio Granell, Santiago de Compostela
Eugenio Granell. Autorretrato
1944 Óleo sobre lenzo; 52 x 47 cm; Colección da Fundación Eugenio Granell, Santiago de Compostela