Dosier: Baroña, Ben de Interese Cultural

Culmínase o longo proceso para mellorar a protección legal do poboado galaico

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

En outubro do ano 2007, o goberno da Xunta de Galicia anunciou a súa intención de declarar a 20 sitios arqueolóxicos da Idade do Ferro galega como Bens de Interese Cultural. Un dos castros máis emblemáticos de Galicia e máis visitados de Galicia, Baroña (Porto do Son), foi o centro dunha polémica política e nos medios de comunicación polo grave deterioro derivado dun uso turístico sen control. Onte, a Consellería aprobou a máxima figura de protección legal para o castro (Ben de Interese Cultural) pero a dotación económica destinada a protexelo aínda non se coñece.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ben de Interese Cultural, Medios de comunicación, Idade do Ferro, Bens de Interese Cultural...