Era unha das citas clásicas da Banda Deseñada Galega con 14 edicións ás súas costas. O ano pasado o concello xa ameazara coa supresión do Salón do Cómic, aÃnda que finalmente só houbo un adiamento no calendario. Agora, o cambio electoral impediulle ao concello organizar a edición de 2011 por iso xa teñen os ollos postos no 2012. Segundo confirmaron desde a oficina de Xuventude do Concello de Cangas, están a traballar para a 15 edición que será en xullo e terá a duración habitual dunha semana. Ao mesmo tempo, de xeito paralelo, uns mozos da localidade organizaron o primeiroSalón BD Cangas que contará con obradoiros, proxeccións de filmes, unha exposición a cargo de obras e MarÃa Vilar e un faladoiro con Kiko Dasilva.