Historias dos medios

Os galegos consumen máis comunicación que a media estatal

<a href=Anthony Kelly" width="300">
Anthony Kelly
A televisión é o rei. Os galegos somos os que máis tempo pasamos conectados á televisión. Moito máis que a á radio (son trinta puntos de diferencia), ás revistas, Internet ou os suplementos dominicais. Confírmao un estudo da consultora Avante que peneira, entre outras fontes, no Estudo Xeral de Medios.

O acumulado do Estudo Xeral de Medios para este 2011 consolida unha tendencia en Galicia, que vemos máis novas que a media estatal. E iso pasa en todos os medios, agás en Internet (que estamos trece puntos por debaixo) e de cine. Pola contra, existe unha desigualdade manifiesta entre o consumo de suplementos e dominicales (case dez puntos por arriba) que noutros espazos. Ademais, con respecto ás cifras do mesmo período do ano anterior, o resultado evidencia que é unha tendencia á alza.

Diarios impresos
O hábito de comprar o xornal está moito máis extendido en Galicia que na media Estatal (un 43,69% fronte a un 28,41%). Así o confirma o estudo, que demostra que o consumo dos garautítos e económicos é moito máis baixo aquí. Por cabeceiras concretas, La Voz de Galicia segue a ser a gran referencia e neste 2011 conseguíu 20.000 lectores máis. Pola parte baixa da táboa están El Mundo e El Progreso, que perden 14.000 e 7.000 lectores respectivamente.
O estudo tamén analiza o perfil sociodemográfico, no que os homes son os principais lectores de prensa impresa.

A Radio
Os oíntes galegos prefiren a radio xeneralista, a diferenza do que acontece no resto do Estado, onde os maiores niveis están an radio temática. A Cadena Ser e a Cadena 40 perdens oíntes, mentres que o resto das cadeas revisadas (C100, Radio Galega, Cope, Onda Cero, Dial, Europa FM, RNE e M80) os gañan.

En canto a quen é o oínte de radio, o estudo da consultora AVANTE, destaca o perfil maioritariamente masculino da radio xeneralista. A radio fórmula é ara as mulleres e para os novos (de entre 25 e 44 anos).

A televisión
Como ben sendo habitual, a TVE1 e TVG son as cadeas máis consultadas, pero AVANTE destaca que, segundo que estudo se consulte as cifras varían. Se a fonte é o EGM estas cadeas perden espectadores, e segundo Kantar Media, a TVG cede o seu segundo posto a T5. O estudo incorpora por primeira vez, as cadeas de nova creación, a TVG2 e V Televisión, que contan con 4.000 e 2.000 espectadores. A Fórmula 1 (Gran Premio de Europa en Valencia), o fútbol (amistoso Venezuela-España), o tempo e o telexornal son os programas máis vistos no noso país.
Son La Sexta, Cuatro (que, por certo, incrementa espectadores) e V Televisión as cadeas que teñen unha audencia máis nova e urbana. Ademais de contar cun perfil de espectadores máis masculino que as principais cadeas, que son masculinos. TVE1, La2, TVG e TVG2 e Popular TV son a que teñen un perfil de audiencia de maior edade e máis rural.

Internet
En canto ás cifras de consumo de Internet, o informe evidencia que Galicia está por debaixo da media estatal. Asemellámonos ao resto, en tanto en canto, a xente se conecta a Internet desde o fogar e que o facemos para consultar o correo eelctrónico ou ler as novas de actualidade. Ao mesmo tempo, resulta curioso que os galegos fan máis operación co banco e participan máis en blogs.
Con respecto ao perfil, é dun home de entre 25 e 44 anos de idade e de clase social media.