A eliminación da identidade

Sandra Romero mergúllase nas obras de Atalaia, para reflexionar sobre a identidade

11/7/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Xavier Toubes. 7 Cabezas, 2008

"Estrañamento, incertidume, outrarse, tensión... son pistas para este Itinerario que reflexiona sobre a eliminación da identidade, co nexo da figura humana que se ve privada da súa esencia, principalmente polo efecto da desaparición do rostro". Sandra Romero define así, a súa proposta de percorrido pola canle temática de arte Atalaia. Mar Caldas, Jorge Perianes, Xabier Toubes son algúns dos artistas que lle serven nesta peculiar travesía que fala da identidade.

Eliminación da identidade é un dos novos percorridos guiados por Atalaia, o centro de recursos para coñecer aos artistas, as obras, os eventos, as publicacións e as entidades vinculadas á arte contemporánea en Galicia que mantén desde hai un ano Culturagalega.org. O proxecto está coordinado pola Sección de Artes Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega e propon a críticos, profesionais e estudantes de arte contemporánea un percorrido guiado polo catálogo que está na rede, para redescubrir as obras dos artistas.

Nesta ocasión é a estudante do Mestrado de Arte da Universidade de Santiago, Sandra Romero, a que fai unha visita polos arquivos para reflexionar sobre "protagonistas mergullados nun anonimato que á vez os fai universais, seres sen vontade, sen personalidade ou sen liberdade, alegorías da situación do individuo na sociedade de masas".

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

05/09/2011

As imaxes dunha década

Manuel González revisa a cultura xuvenil dos anos oitenta a partir de obras de arte de Atalaia

10/01/2011

A vida secreta das obras

Ania González busca a experiencia persoal dos artistas nun percorrido por Atalaia

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Identidade, Atalaia, Caldas, Artes Visuais...