O sector cultural galego leva tempo esixindo que se lle trate ao igual que ao resto de disciplinas. Dixéronno primeiro coas cifras, que este ámbito supón un 2.5% do aporte do PIB, por riba doutros sectores tan emblemáticos na economía galega como a pesca, a industria téxtil ou a química. E dino agora, cun informe de carácter cualitativo que agrupa en cinco epígrafes, unha batería de iniciativas e medidas que falan da necesidade na que a cultura, a forza da creatividade e do valor das ideas, ocupe un valor central. A cultura pide un cambio de paradigma para entender o contexto.
Baixo o título de Reflexión estratéxica sobre a cultura galega hai todo un proceso de ideas, de debates, de mesas de debate e de xornadas nas que participaron todos os axentes disto que se lle da en chamar sector cultural. Auspiciado polo Consello da Cultura Galega, quen lle deu forma a toda esa reflexión xurdida polas vodas de prata da Institución, canalizouse todo un sentimento que busca poñer a cultura ao nivel do resto dos sectores culturais. É un libro verde que expresa os resultados dun diálogo e establece pautas de futuro explicou Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, na presentación aos medios do texto final. Un documento que, na súa opinión, insiste na necesidade de pensar a cultura nunha sociedade democrática e que, polo tanto, esixe da implementación de novas formas de goberno baseadas no planeamento, na avalición e na xestión. A cultura é como unha sorte de software. Neste momento temos moito hardware, moitos equipamentos, e agora é o momeno de buscar productos, ideas e valores incidiu.
Cinco ámbitos nunha única dirección
Agrupados en cinco bloques temáticos (contidos, políticas culturais, institucións, mercado e proxección exterior) o documento contén medidas que pretenden, en palabras de Ramón Villares, abandonar a idea de que a cultura é o que sobra, senón que é unha idea central para saír da crise. Por iso, o documento está dirixido a institución públicas e privadas, que son os axentes do tecido cultural. Ademais, son os responsables do gasto cultural que, segundo Ramón Villares, deberá ter criterios obxectivables para a súa xestión. Para o presidente do Consello, non se trata de debater sobre a pertinenencia subvencións no eido da cultura, senón sobre como se xestionan, planifican e avalían os fondos públicos.
Cada un dos coordinadores de cada sección foi desgranando ideas sobre o que achega carda apartado do informe. Así Víctor Freixanes (xunto con Henrique Monteagudo, responsable da sección sobre os Contidos da Cultura) destacou a importancia de que a cultura actual está morta, e ha de reiventarse tendo en conta a produtividade do capital humano e en relación directa coas industrias. Pola banda das políticas culturais, Ramón Máis destacou o papel do liderado público que ha de deixar se der dirixista para ter en conta criterios de gobernanza, é dicir, de implicación da cidadanía. No que atinxe ás institucións da cultura, Rosario Álvarez, puxo o énfase no seu interese en canalizar a participación cidadá na creación e no goce da cultura. Francisco Campos foi o encargado de coordinar a sección relativa ao mercado e explicou que, neste cambio de concepción da cultura, é moi importante saber cales son os públicos. Ademais, enfocou a orixe do problema actual na dificultade de circulación e de promoción dos productos. Precisamente neste aspecto se centrou máis polo miúdo Xulio Ríos, responsable da sección de Proxección Exterior, que reivindicou unha política, escenarios e medidas consensuadas para ofrecer unha imaxe unificada e global da cultura.
Agora, o documento final remitirase a todos os axentes culturais, asociacións, coordinadoras, políticos das áreas de cultura e, como non, ao público para que inicien o seu proceso de reflexión a partir do novo marco que se debuxa nas preto de cento corenta páxinas do informe.