As editoras galegas participan na Feira do Libro de Madrid

A marca Libros de Galicia acolle o traballo de 24 firmas

Vinte e catro editoras galegas participan de xeito conxunto e por vez primeira na Feira do Libro de Madrid baixo a marca Libros de Galicia. A Asociación Galega de Editores coordina unha representación que achega ao parque de retiro o traballo dos seus membros no posto 86 deste prestixioso encontro. Para alén da venda de exemplares, a representación galega inclúa presentacións e sinaturas de libros por parte de autores como Manuel Rivas, Carlos Reigosa ou Luís Calvo entre outros.