Arantza Portabales foi recoñecida co Premio Clubs de Lectura 2024

A autora foi a máis lida nestes espazos de promoción da literatura dentro dos centros de ensino

| Santiago. Redacción | Seccións: Educación
Compartir:
Arantza Portabales. Fotografía de Distrito Xermar. Fonte: AELG

Arantza Portabales. Fotografía de Distrito Xermar. Fonte: AELG

A coincidir coas celebracións do Día do Libro, este 23 de abril a Consellería de Educación daba a coñecer o fallo do Premio Clubs de Lectura. O foi nesta ocasión para a escritora Arantza Portabales, quen, segundo salienta a comunicación da Consellería, Portabales "é unha das autoras máis seguidas polo lectorado xuvenil galego".

O premio recoñece anualmente as creadoras e creadores do país cuxos libros foron os máis lidos nestes espazos de promoción das letras nos centros escolares. O galardón pretende "recoñecer o labor dos autores con obra en lingua galega que facilitan cos seus libros a función do profesorado como mediadores de lectura e que concitan o interese dos lectores que participan nos clubs". No noso país 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación, desenvolven clubs de lectura nas súas bibliotecas.

Que che parece esta nova?
111 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arantza Portabales, Literatura, Ensino, Educación...