A fin de semana énchese de libros

O Praza dos libros de Carballo e a Feira dos Libros de Pontevedra celébranse esta fin de semana

6/7/2022 | Santiago. Redacción | Seccións: literatura
64 lecturas | Compartido 0 veces

A segunda fin de semana de xullo vén cargada de libros. Carballo acolle a plic!, a Praza dos Libros, que se celebrará entre o 7 e o 10 de xullo. O programa vén cargado de presentacións de libros e actividades de animación, como narradores orais ou concertos. Entre os escritores que presentarán novidades, está Suso de Toro, Henrique Monteagudo, Antía Yáñez ou Arantza Portabales entre outros. Por outra banda, a Feira dos Libros de Pontevedra celebrarase entre o 8 e o 10 de xullo na Praza da Ferraría, na que se destacará a traxectoria de Diego Ameixeiras nunha conversa con Mercedes Corbillón, e tamén participarán autoras como María Reimóndez, Arantza Portabales, Diego Giráldez ou Manuel Jabois entre moitos outros.

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Pontevedra, Carballo, Arantza Portabales...