Cun programa concentrado en tres días, o Concello de Pontevedra daba a coñecer este 26 de xuño a sétima edición da Festa dos Libros, que se celebra na cidade entre os días 5 e 7 de xullo. Estas tres xornadas acollerán 90 actividades das que farán parte un cento de autores. Canda á colección de nomes, o encontro contará coa presenza de trece librarías da cidade que terán postos de venda nunha carpa situada na Praza da Ferraría.
Nas propostas previstas destacan presentacións de obras como as que realizarán Ángeles Caballero, Manuel Jabois, Cristina Sánchez-Andrade, Ledicia Costas ou Tereixa Constenla, que estará a acompañada por Jose Alves da Costa, un dos protagonistas da Revolución dos Caraveis para dar a coñecer a obra Abril é un país. O tradicional Vermú de Pinto e Maragota permitirá coñecer o traballo gañador deste premio pola diversidade sexual e de xénero. Nesta actividade María Carmen Caramés Grogal contará co acompañamento musical de Gael de Papel.
Na sección Mulleres protagonistas, Eva Mejuto guiará unha conversa María Solar, Rosa Aneiros, Llerena Perozo e Sara Vila, mentres o espazo Enfiando Lecturas reunirá a BD de Afra Torrado, a poesía de Branca Trigo, a divulgación de Edu Lavandeiras e a novela de Marta Estévez.
Un debate literario da man de Montse Pena, Mercedes Queixas, Montse Dopico e Xurxo Souto porá en valor a figura de Luísa Villalta, homenaxeada no Día das Letras Galegas, na mañá do domingo. No mesmo día o encontro A primeira vez dará a coñecer os traballos de debut de Laura Portas, Alba Guzmán Falcón e María Alonso Seisdedos.
A poesía contará no programa coa presentación do último traballo de Antón Lopo e o recital poético TRINCA. Canda a eles, Alberto Pombo dará a coñecer o seu libro Verso e acorde. Relación entre literatura galega e música pop, mentres Antón Reixa amosaralle ao público a súa nova antoloxía lírica.
Para o público máis cativo están previstas as actuacións de Pakolas, Polo Correo do Vento e mais Paco Nogueiras e Marc Taeger.