O pregón de Sés abre hoxe a Praza dos Libros de Carballo

Nove librarías participan no encontro que se desenvolve ata o vindeiro 8 de xullo

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O pregón de Sés abre hoxe a Praza dos Libros de Carballo

A Praza dos Libros, o tradicional encontro libreiro que organiza cada ano o Concello de Carballo, abre esta mañá as súas portas co pregón de Sés. Ata o vindeiro día 8 un intenso programa de actividades procurará achegarlle aos visitantes o mundo do libro nunha edición que contará coa presenza de nove postos de venda, ademais do das Bibliotecas de Carballo. Á lus do Candil (Arteixo), Demo (A Coruña), Roget (Vimianzo) e as carballesas Brañas Verdes, Ler, Punto e Coma, Phottic, Teldy e Trasgo participan nun encontro que visitarán autores e músicos como Manolo Rivas, Pedro Feijoo, Enma Pedreira, Eli Ríos, Pablo Díaz, Anxo Moure, Paco Nogueiras, Miro Villar, Anair Rodríguez, Mamá Cabra, Milladoiro entre outros.

Que che parece esta nova?
84 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sés, Pedro Feijoo, Miro Villar, Eli Ríos...