Carballo inaugura a Praza dos Libros

A XIV xeira deste evento desenvólvese entre o 11 e o 14 de xullo

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Carballo inaugura a Praza dos Libros

Un pregón de María Reimóndez abre na mañá deste xoves once de xullo a XIV edición da Praza dos Libros de Carballo. O evento achegará ao xardín municipal postos de librarías como Á lus do candil, Lila de Lilith, Brañas Verdes, Ler, Trasgo, Teldy e Punto e Coma, ademais das editoras Demo e Phottic. Na listaxe de presentacións e de actividades previstas ata o vindeiro 14 de xullo mestúranse literatura e música ou contacontos, coa presenza de nomes como Anxo Moure, Magín Blanco, María Canosa, Concha Blanco, Daniel Asorey, Diana Fernández, David Díaz, Xoán Curiel, Ledicia Costas, Fernando Fernández Rego, Manel Cráneo, Diana Varela, Pakolas, José Antonio Andrade, Manuel Rivas, Ana Cabaleiro, Ramón Vilar ou Aldaolado entre outras propostas. Como é habitual, cada libro mercado no domingo irá acompañado dun molete de pan, e o resto dos días terá como agasallo unha lata de atún.

Que che parece esta nova?
105 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito