A Festa dos Libros volta a Pontevedra con catorce librarías

A proposta inclúe presentacións, sinaturas, concertos e actividades ata o 4 de xullo

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A Festa dos Libros volta a Pontevedra con catorce librarías

Unha carpa na Praza da Ferraría acolle entre os días 2 e 4 de xullo a Festa dos Libros de Pontevedra. A cidade continúa con este formato propio de celebración da lectura, que conta con catorce librarías locais. Fronte á renuncia das Feiras do Libro que organiza a Federación de Librarías por todo o país, este evento aposta pola celebración de actividades e suma ás sinaturas de exemplares presentacións, mesas redondas, concertos, recitais, contacontos ou obradoiros.

Deste xeito, no programa inclúense actuacións diarias para público infantil, concertos e recitais poéticos a rematar cada unha das xornadas e múltiples presentacións e sinaturas. A autora Najat el Hachmi, premio Nadal 2021, preséntase como autora convidada desta xeira, na que, como novidades, desenvólvese na tarde desde dous de xullo un encontro con Eva Mejuto, que é recoñecida como traxectoria destacada deste ano.

Tamén se estrea a sección Libros do Trinque, que reúne na Libraría Paz o público con autores que acaban de lanzar obras nestes días. Nesta xeira, serán Xabier Quiroga e Lorena Conde os protagonistas dos encontros. Mesas redondas sobre ilustración, Xela Arias ou a novela negra en Galicia súmanse á nova sección De... A... que nesta ocasión amosa como chegaron á literatura desde o xornalismo as autoras Ana Cabaleiro, Lara Dopazo e Sara Vila.

Que che parece esta nova?
113 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Ana Cabaleiro, Eva Mejuto, Xela Arias...