Cun total de trece librarÃas da cidade a participar e un programa de 92 actos, a Festa dos Libros de Pontevedra desenvolverá a súa nova edición entre os dÃas 7 e 9 de xullo coa Praza da FerrarÃa como emprazamento. Aviones de Papel, Cao, Clip, Cronopios, D-Lectum, El Naranjo, El Pueblo, Escolma, Espazo Lector Nobel, La Nube de Papel, Metáfora, LibrarÃa Paz e Seijas compoñen a nómina de establecementos que estarán presentes no evento.
A iniciativa que coordina o concello conta nesta xeira coa editorial Kalandraka como convidada especial, a celebrar os seus 25 anos de existencia. Un "maratón de lectura e ilustración" na mañá do venres 7 será o principal acto de recoñecemento á editora.
Ademais, o evento renderá homenaxe a Fina Casalderrey, autora que protagonizará unha conversa con Eva Mejuto sobre a súa traxectoria e un faladoiro sobre "Pontevedra como materia prima para a creación literaria" canda a Xosé Monteagudo. Ademais, realizará dúas sesións de sinaturas das súas obras.
Entre o cento de autores que visitarán a cidade nestas datas atópanse nomes como MarÃa Reimóndez, Bob Pop, Arantza Portabales, Ulises Bértolo, Laura Ferrero, Marcos Giralt Torrente, Mercedes Corbillón, Yolanda Castaño ou Xosé Monteagudo, que participarán de sesións de sinaturas e mesas redondas.
No programa presentarase Alguén nos lembrará: AntoloxÃa de relatos LGBTIQA+ coordinada por Nee Barros, quen tamén participará do encontro "Novas voces da literatura queer galega canda a Sica Romero e Diana Kurich.
A Festa dos Libros inclúe tamén unha observación solar a cargo do grupo astronómico Sirio, un concerto de Muzikanti Balishnik ou recitais poéticos a cargo do Grupo das Lupercais e mais de Laura Cesarco Eglin, Andrea Nunes Brións e Lara Dopazo Ruibal entre outras iniciatiavas.