O lema O mundo que queremos e un debuxo da carballesa Laura Tova motivan e ilustran a XII Semana do Libro e da Lectura de Carballo, que se celebrará no Pazo da Cultura do 24 ao 28 de abril, organizada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega e o Concello, co patrocinio da Fundación Luis Calvo Sanz e a colaboración de Kalandraka e outras editoriais que cederon libros para o evento, como BaÃa, Cumio, Galaxia, OQO, Urco e Xerais. Serán cinco dÃas pensados para e protagonizados polos máis cativos, os alumnos de infantil e primaria dos colexios carballeses máis o veciño CEIP Canosa-Rus. Como en pasadas edicións, o programa deste ano repartirase en actividades de mañá (para o alumnado dos centros de ensino) e de tarde (abertas a todo o público). Música, poesÃa, contacontos, maxia, ciencia, debuxo, exposicións.