Cultura saca a concurso público a organización das feiras do libro

Lalín incorpórase ao calendario que se desenvolverá entre abril e agosto

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Do mesmo xeito que en 2010, a consellaría de Cultura acaba de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) o concurso que regula a celebración das feiras de libro novo, antigo e de ocasión de Galicia. Estes encontros son un “dos escaparates máis importantes para a produción editorial galega”, tal e como asegura o texto da convocatoria. Serán 11 citas que se desenvolverán entre abril e agosto deste ano e que chega da colaboración entre a Federación de Libreiros de Galicia e a consellaría de Cultura e Turismo. En todo caso, poderán ser organizdas por persoas físicas e xurídicas autorizadas pola administración. Ademais, terán prioridade para a autorización de feiras do libro as solicitudes presentadas pola Federación de Libreiros de Galicia e, para feiras monográficas do libro galego, as presentadas pola Asociación Galega de Editores. A feira do libro de Lalín é a última en incorporarse ao itinerario que este ano comezará en Ferrol e rematará en Monforte.

O calendario das feiras comezará en Ferrol (Cantón de Molins) do 6 ao 10 de abril e remata en Monforte (Rúa Cardeal) do 24 ao 27 de agosto. No medio estará Santiago (Paseo Central da Alameda) do 30 de abril ao 8 de maio; Lalín (Praza da Igrexa) do 12 ao 15 de maio; Lugo (Praza Maior) do 17 ao 22 de maio; Ourense (Alameda) do 31 de maio ao 5 de xuño; Vigo (Praza de Compostela) do 1 ao 10 de xullo; Cangas (Alameda de Soage) do 21 ao 25 de xullo; A Coruña (Xardíns de Méndez Núñez) do 1 ao 10 de agosto; Viveiro (Xardíns de Noriega Varela) do 13 ao 16 de agosto; Foz (Praza do Conde de Fontao) do 18 ao 21 de agosto.

Que che parece esta nova?
86 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lalín, Federación de Libreiros de Galicia, Feira do Libro, Ferrol...