Unha entrevista que lle fan a Dalà na televisión americana, os silencios e comentarios que se producen nos fallos técnicos das emisións, programas nos participou xente como Gilles Deleuze, Michel Focault, Federico Fellini ou Andy Warhol fan parte deste proxecto. “A mostra percibe ver que a televisión mudou bastante nas últimas décadas, sobre todo desde os anos oitenta, co inicio da competencia e contraprogramación co nacemento das cadeas privadas” apuntou Miguel von Hafe. O proxecto conta con páxina web, conta en Twitter, unha publicación, un canal de vÃdeo Vimeo e o proxecto educativo Zero TV.
Spin off: Reixa
A exposición, adaptada para o espazo fÃsico do CGAC, cos contidos que se exhibiron no MACBA non escolma ningún video galego (de televisión ou participado por artista). Por iso, o CGAC estreará no vindeiro mes de xuño unha pequena exposición que completará este proxecto centrado na polifacética figura de Antón Reixa. Músico, poeta, produtor de cinema e de televisión, Reixa terá un espazo propio que complementará este achegamento descritivo e analÃtico sobre o medio televisivo.