Foi un dos estandartes, canda ao MARCO e mais o Museo do Mar, da configuración de Vigo como centro cultural no Sur do PaÃs na primeira década deste século. No entanto, non hai dúbida de que o Verbum quedou ata o de agora como o irmán pequeno destes centros, sen unha orientación clara e cunha proxección social moi inferior á agardada. Cando fai oito anos, ponse en marcha un plan museolóxico que pretende dotalo finalmente nun sentido propio.
Un museo esencialmente didáctico dedicado ás palabras e máis ás linguas, con contidos interactivos. Este era o proxecto co que abrÃa o 25 de abril 2003 o Verbum Casa das Palabras, cunha orientación en certa medida semellante ao Museos CientÃficos Coruñeses. Desde aquela, e ao longo de diferentes equipos directivos, a falta de público foi dando en diferentes propostas para facer despegar este espazo e integralo de xeito definitivo na sociedade viguesa e galega. Ao longo dos anos vÃronse iniciativas de renovación do material interactivo, mesmo con busca de patrocinios privados, propostas de se centrar na banda deseñada, na publicidade e na comunicación non verbal ou a posta en marcha dunha bedeteca de préstamo. Canda a isto, o espazo ten albergado a Cow Parade de Vigo ou unha exposición sobre Andy Warhol. Concertos, espectáculos de danza, seminarios, recitais poéticos, funcións de monicreques... o espazo acolle desde a súa inauguración todo tipo de actividades. Agora, por vez primeira, o centro estrea un plan museolóxico que pretende dotar dun fÃo os seus contidos.
Os problemas
Os problemas comezaron practicamente desde o primeiro momento, con denuncias de erros na exposición permamente, tanto a nivel de contidos como a nivel formal ou mesmo ortográfico. Canda a isto, o elevado prezo inicial das entradas, a cinco euros, fixo dos primeiros meses do Verbum un momento complicado. Se nun primeiro mes de portas abertas houbo 50.000 visitantes, ao remate do primeiro ano esta cifra só se incrementara en 10.000 persoas máis. Desde 2004 mantÃvose un prezo por visita de tres euros con modalidades reducidas e instaurouse un programa de visitas escolares que permitiu incrementar o número de asistentes ao centro ata as 42.905 persoas que se achegaron a este espazo en 2010. Tal e como recoñece Rosendo Covelo, director deste espazo desde 2008 “cando se puxo en marcha desenvolveuse un grande continente, con 5.000 metros cadrados de espazo nunha parcela de 12.000, deseñado por César Portela. O Verbum abriu cun contido inicial pero non se lle deu desenvolvemento nin se apostou por desenvolver unha liña expositiva coherente. Isto deu un pouco en que moita xente quedase con esa expresion de que era un centro que non servÃa para nada, que estaba nunha esquina e no que se facÃa de todo”.
O plan
O novo plan museÃstico, recén presentado, “pretende ser unha ferramenta que sinale os obxectivos do cetnro, algo que desde a súa apertura non existÃa nin estaba recollido en ningures. Iso era para min a principal eiva do Verbum, agora tentamos darlle un sentido”, explica Covelo. O documento, que se elaborou ao longo dos últimos anos, dálle unha volta á proposta inicial dun centro interactivo dedicado ás palabras e centra a súa atención na diversidade lingüÃstica e mais na comunicación. “Pretendemos orientar o Verbum á diversidade das linguas, o xeito no que interactúan”. As orixes das linguaxes, a clasificación e a estrutura das linguas, a súa distribución xeográfica, o galego como realidade sociolingüÃstica, a lexislación ao respecto, a tradición oral e escrita, a alfabetización ou mesmo a litearatura son ámbitos de interese prioritario para a nova etapa do museo. “Xa houbo mostras nestes sentido e colaboracións como a que se desenvolveu co colectivo Ponte... nas ondas. O novo plan museolóxico certifica esta liña”, lembra o director.
Opcións desbotadas
Dentro das posibilidades que se barallaron para o centro, o propio Plan de Museos da Cidade, que se presentara en 2009 coa intención de coordinar os centros deste tipo existentes na cidade, avogaba por facer deste espazo un museo arqueolóxico, trasladando ao mesmo boa parte das pezas deste tipo que se se atopaban no Museo de Castrelos. “Esta foi unha das posibilidades que se barallaron, pero finalmente desbotouse desde a ConcellarÃa de Cultura”, recoñece Covelo. Canda a isto, albergar o Centro de Documentación e Biblioteca Musical do Concello foi outra das funcións que se propuxeron, sen que finalmente chegase a se concretar. Finalmente optouse por afondar na idea dun espazo dedicado á linguaxe, pero coa xa mentada reorganización.
Nova permanente
O proxecto prevé unha reestruturación da exposición permanente, auténtico eixe do espazo desde o seu primeiro momento. Co plan de visitas escolares a esta mostra,“temos unhas 10.000 ou 12.000 visitas ao ano, fundamentalmente de escolares de Galicia e do Norte de Portugal”, lembra Covelo. Se desde a súa inauguración as únicas novidades nos contidos das misma foi unha correción de contidos e a instalación de dous novos “cubos” dedicados á igualdade e mais ao Arquivo Pacheco de fotografÃa, agora os contidos permanentes do centro sufrirán unha fonda remodelación. “A idea é que a remuda nestes contidos sexa total e se teña en conta a orientación de cara á diversidade lingüÃstica”. Isto implicará un grande traballo de elaboración de contidos co correspondente investimento. “O horizonte é 2012 e mesmo exercicios posteriores, debido ao grande investimento necesario. O proxecto esixe partidas axeitadas que garantan un proxecto atractivo e de calidade”.
Traballo en rede
Canda á aposta pola colección permanente como contido básico do centro, na nova xeira preténdese darlle un maior peso ás exposicións temporais dotándoas de continuidade coa orientación xeral do centro. “Xa nos últimos anos tentamos seguir esta liña. Antes o Verbum era un caixón de xastre que podÃa acoller un pouco de todo”. O novo Verbum traballará dun xeito máis aberto e está prevista a colaboración con distintas entidades. “Hai xa un convenio MARCO coa Universidade de Vigo e imos contar coas distintas institucións, academias e colectivo a prolo da diversidade lingüÃstica”. Un dos primeiros froitos deste xeito de traballo é a exposición Vigo cidade de Babel que abre as súas portas o 29 de abril ás oito da tarde e que se centra na relación das linguas na cidade. O proxecto conseguiu xa o apoio da UNESCO. Canda a esta, a exposición Galicia polas ondas centrada na historia da radio no noso paÃs completa, a partir do vindeiro 4 de maio, a presentación da nova época do Verbum.
Outras orientacións
En relación a este último proxecto, o director do Verbum lembra que o traballo cos medios de comunicación será tamén prioritario na nova xeira do centro. “No Plan establécense criterios para se achegar á cidadanÃa, pretendemos mellorar a nosa relación cos medios e en relación a isto, pretendemos desenvolver actividades como obradoiros de radio para rapaces”. En xeral o sector infantil é un dos que ata o momento tivo un maior peso na orientación deste espazo “É un sector poboacional que temos bastante atendido desde hai anos”, lembra Covelo, quen sinala que se pretende manter esta liña de actuación de cara ao futuro. Do mesmo xeito, o centro continuará coa súa aposta pola banda deseñada como xeito de comunicación, segundo asegura o actual responsable. Canda ás exposicións temporais, unha das novas apostas do centro son os eventos de produción propia, unha iniciativa que comezou o pasado ano coa organización de visitas teatralizadas. Este ano o proxecto continúa cun espectáculo de teatro dedicado á Xeración Nós, que busca amosar aos máis novos persoeiros como Castelao, Vicente Risco ou Florentino Cuevillas.
Posibilidades e novos museos
Malia ás promesas do novo plan, a traxectoria do Verbum ata o momento pode crear certas dúbidas sobre a súa efectividade. No entanto, Covelo salienta as posibilidades do espazo. “Non hai outro centro en Galicia que poida cumprir o papel de ser o espazo referencial no campo da palabra e da comunicación. Ese é o camiño que facemos”. Malia a que a distancia a respecto da cidade é a miúdo recoñecida como un dos problemas que ten o museo, Covelo considera que “aÃnda que estar a seis quilómetros do centro pode ser unha debilidade, ao tempo tamén falamos dunha zona que ten aparcamento doado e a praia preto, asà que pensamos potenciar eses espectos”. A reorganización da Casa das Palabras intégrase na estruturación dunha rede museÃstica local en Vigo, que está a mudar a orientación de centros emblemáticos como o Museo de Castrelos e a apertura de novos espazos. “Este proxecto é fundamental. Vai ser moi positivo para todos os contedores buscar sinerxias comúns e optimizar os recursos. Cómpre pór iniciativas en común para estes espazos museÃsticos e promover o coñecemento dos museos como oferta conxunta”. AÃnda pendentes de coñecer polo miúdo o xeito no que se van coordinar os centros olÃvicos, haberá que ver se os novos conceptos acadan finalmente dotar o Verbum da súa forma definitiva.