Na música non é infrecuente que existan espectáculos de longa duración que superen amplamente as dúas horas. Pola contra, a dramática reduce os tempos da duración dos seus espectáculos que oscilan entre os 60 e os 90 minutos. Sen embargo, hai exemplos nos últimos tempos nos que as compañÃas teatrais arriscan con proxectos innovadores, que hibridan con outros xéneros e aumentan a súa duración. As catro horas de Citizen (Chévere) e as máis de dúas horas que se prevén de A ópera dos tres reás (Centro Dramático Galego) son bos exemplos.
Non son comparables pero os seus últimos espectáculos teñen puntos en común. Dunha banda, co enxeño e coa experiencia que dan vinte anos de profesión, co hándicap de escasos recursos orzamentarios, Chévere presentou unha obra que reflexionaba sobre a globalización a partir dun recoñecido empresario téxtil. Malia que presentaron o espectáculo segmentado en tres obras de teatro, o horizonte era xuntalas nun único programa con dous intermedios. Da outra, o Centro Dramático Galego anunciou A ópera dos tres reás cun cartel de luxo encabezado por LuÃs Tosar (que comprometeu a súa participación hai preto dun ano), con gran apoio orzamentario malia ser un ano de recurtes. Un xa finalizou o seu periplo (Citizen Completo representouse por última vez en marzo) e outro, está en pleno proceso creativo (o equipo desta produción do CDG comezou os ensaios hai preto dunha semana). Sen embargo, os dous espectáculos teñen algo en común: superan as dúas horas de espectáculo, algo inusual na dramática.
Citizen
“Era unha aposta arriscada, máis de catro horas de espectáculo seguidas, con sete actores, coa nosa economÃa reducida e a nosa tecnoloxÃa electrodoméstica” explica Xesús Ron, integrante da compañÃa Chévere e director de Citizen, o espectáculo máis ambicioso e complexo de todos cantos ten elaborado esta compañÃa. “Tiñamos unhas expectativas cando puxemos en marcha esta iniciativa e fóronse cumprindo sobradamente” asegura. Os 3.000 espectadores contabilizados pola Sala Nasa durante o proxecto érguese como un gran aval deste formato para unha compañÃa independente e, para unha sala alternativa como pode ser esta (un dos espectáculos máis exitosos do Centro Dramático Galego, Noite de Reis, obtivo preto de 11.000 espectadores pero logo de dous meses no Salón Teatro de Santiago, máis a xira que pasou por 11 localidades, xunto coas función programadas para escolares). Pero para Xesús Ron, Citizen é un espectáculo que lle permite tirar varias lecturas. “Por un lado permÃtenos saber que estamos gañando público, ese que vén polo boca-orella que fixo que o aforo se enchera progresivamente. A experiencia das dúas semanas co completo deixou cousas como un cheo completo nas últimas función, con xente que quedou ás portas” apunta Xesús Ron. Pero hai máis, “a xente acaba por perderlle o medo ao tempo que perde dentro dun teatro, chega e marcha sen mirar o reloxo”. E, o que é máis importante, “Citizen non é unha comedia, o que demostra que non é necesario que sexa este o xénero do espectáculo para que a xente acuda ao teatro”.
Con todo, o bo sabor de boca deixado polas cifras e os comentarios do público na Nasa (ben a través do Obradoiro do Espectador, ben a través das redes sociais), non acaba de traducirse en máis contratos. “A dificultade radica en que cando nos falamos con programadores, temos unha negativa a contratar unha obra de catro horas e media”. Nin a boa experiencia da Sala Nasa, nin as cifras acaban por animar ao público “Para nós, a conclusión é que é moi bo para nós, pero que as boas prácticas e as boas experiencias no eido teatral non serve. É un éxito da Nasa pero non extrapolable ao resto dos teatros".
Tres reás que ben valen unha ópera
É o gran soño de Blanca Cendán, pero tamén o proxecto polo que foi elexida como directora do Centro Dramático Galego nun concurso público hai un ano. A versión da Ópera dos tres reás que o CDG poñerá en carteleira en xuño é un espectáculo de gran formato que contará con 19 persoas no escenario. Son 11 actores (entre os que figura o reclamo mediático de Luis Tosar, xunto cun elenco escolleito por convocatoria pública integrado por Begoña Santalices, Muriel Sánchez, Alba Mesa, Mónica Iglesias e Marta Pazos nos femininos, e nos masculinos por Marcos Orsi, César MartÃnez "Goldi", Francisco Pérez "Narf", Sergio Zearreta e VÃctor L. Mosqueira) e oito músicos que, segundo confirmou Blanca Cendán na presentación da publicación Salomé, sete veos, se decidirán ao longo desta semana. A directora do CDG asegura que, como ópera que é terá unha longa duración e que “pretendemos recurtar na medida que poidamos axustar aos dereitos musicais que teñen os herdeiros de Kurt Weill”. E como director do espectáculo Quico Cadaval, que contará con Diego GarcÃa como director musical e con Suso Alonso como coordinador musical. Malia ser un espectáculo do selo CDG, é un dos pratos fortes da programación do Ano da Música, efeméride que se celebra neste 2011. Blanca Cendán confirma que o CDG asumirá un musical “pero que non desatenderá a parte dramática”. A directora pon o énfase en que será un produto “cen por cento galego, co libreto tradicional dunha ópera e mesmo con prompter (porque haberá partes que non se traducirán do galego, na xira internacional)”.
Como se trata dun espectáculo de gran formato, a aposta pola distribución deste espectáculo será tamén diferente. Non se estreará no Salón Teatro senón no Auditorio de Galicia, desde onde iniciará unha xira ben diferente ao que é habitual no CDG. “Trátase dun espectáculo grande e, polo tanto, necesita de escenarios tamén grandes” matiza Blanca que anuncia unha xira que irá a importantes festivais españoles (de Sagunto, a Gran Canaria, Zaragoza..) e internacionais, que están por concretar. “Está claro que se trata dun proxecto diferente, de gran formato, que multiplica as dificultades pero todo o esforzo compensa, é un soño realizado” asegura Cendán.
Haberá que agardar ata xuño para ver en escena adaptación ou reinvención "á galega" da ópera teatral que Quico Cadaval. Será a partir de entón, cando alén do éxito e percorrido deste espectáculo, se poida comprobar se o público demanda espectáculos que o aten á cadeira máis alá dos 90 minutos habituais.