Non ten o texto da obra, senón reflexións conceptuais e testemuños gráficos, a cargo de Pepe Sendon e Fausto Isorna respectivamente, relacionados con Salomé, a última produción do Centro Dramático Galego. Esta publicación, que leva o tÃtulo de Salomé, sete veos, é un libro obxecto ou fetiche que inaugura unha nova colección do Centro Dramático Galego. "Trátase de libros moi coidados desde o punto de vista estético e de carácter conceptual" apunta Blanca Cendán, directora do CDG, que serven para complementar o espectáculo dramático. Este primeiro volume conta cunha tiraxe de 700 exemplares e estará á venda en 33 librarÃas do paÃs.