
A ida

Control de pasaportes. A Coruña, 1958
José Caruncho pregúntome a onde van estas señoras, porque non destacan pola súa xuventude. Na súa opinión agochan a determinación, a valentía e a fortaleza.
A responsabilidade

Facendo de nai cos seus irmáns pequenos.A Coruña, 1963
Está imaxe reflicteme a responsabilidade que lle deron a esta nena maior con respecto aos seus catro irmáns explica Caruncho. Na súa opinión, aquí podíamos falar da cara de tozudez que ten a nena que agocha a súa reponsabilidade.
Os adeuses

A Coruña, 1957
Esta fotografía paréceme moi interesante porque me fan imaxinar as expresións das persoas malia que non se ven. Están fotografados de costas, tanto os señores que se despiden como as monxas que se recollen noutra imaxe da exposición que na opinión de José Caruncho, son das fotos máis interesantes.
As iconas

Nenos que perderon o barco. Máis tarde embarcaron no porto de Vigo. A Coruña, 1960
José Caruncho explica que é unha das fotos que é maís coñecida e á que a xente máis valor, que é do grupo de dos rapaces que perderon o barco pero que logo conseguiron embarcar. Vense as expresións da cara, un pouco de decepción e de enfado e dd
A volta

Arriba esquerda: Evacuación do féretro dunha moza que morreu na travesía de volta. A Coruña, 1959
Arriba dereita: introdución do féretro no coche fúnebre baixo a atenta mirada dos gardas civís. A Coruña, 1959
Abaixo esquerda: Enterro en Mera. Mera (A Coruña), 1959
Abarixo dereita: Enterro en Mera da moza falecida na viaxe de volta. Mera (A Coruña), 1959
Non todas as voltas foron felices. Nesta ocasión, José Caruncho selecciona un conxunto de catro imaxes que recollen a historia dunha moza que morreu na travesía de volta de América. Este grupo de catro fotografías prodúceme certo dramatismo por moitos motivos, desde a grúa que me chama moito a atención porque dá a impresión de que non está moi ben suxeita, cando creo que seriá moito máis doado baixalo polas escaleiras; ata o enterro na súa aldea.