Por vez primeira desde 2007, a banda deseñada galega non contará cun posto común propio no Saló del Cómic de Barcelona. O listado de stands que proporciona FICOMIC, empresa organizadora deste evento, recolle no entanto a presenza das editoriais El Patito (postos 121 e 122), que compartirá espazo coa librarÃa madrileña Comic Hunter, e mais Retranca, que compartirá o posto 104 con BD Banda e mais coa editora de orixe italiana 001 Ediciones. Nos espazos reservados para fanzines, repetirán presenza Mariano Casas cos seus diferentes proxectos e mais Catalizador, o fanzine galego-catalán que se realiza no marco do Proxecto Galauda e editado en colaboración co Centro Galego de Barcelona.