Non estaba contemplado no Catálogo Arqueolóxico municipal de Ribeira pero era un punto importante da tradición asociada ao afundimento da mÃtica cidade de Valverde, na Lagoa de Carregal, no parque natural de Corrubedo. Tratábase duns petróglifos con forma de espada, un serpentiforme e unhas cazoletas, que xa figuran referenciados mesmo na revista Nós por Cuevillas e Bouza Brey. Onte, o PSOE de Ribeira denunciou que durante as obras de execución da nova depuradora de Corrubedo, a maquinaria de construción impactou e crebou o petróglifo coñecido como Pedra de Santiago. O Concello de Ribeira recoñeceu a La Voz de Galicia a existencia do gravado pero dixo que "segue no seu sitio, pero está tapado por algo de terra. AÃ, non se vai excavar nin facer nada, esa roca non se tocará". Na foto distribuÃda polo PSOE, a pedra está claramente afectada pola maquinaria.