¿Como será Compostela en 2021? Esta é a pregunta básica sobre a que traballaron diferentes equipos de arquitectos no proxecto A cidade intuÃda. A atender a distintas áreas e partindo de perspectivas dispares, xurdiron desta iniciativa unha serie de propostas de actuación que agora se expoñen ao público nun congreso que se celebra na capital galega os tres primeiros dÃas de marzo. Unha exposición e un web permiten coñecer unha serie de propostas que nos fan contemplar a cidade con outros ollos.
A cidade como un espazo no que conflúen camiños. Como un lugar de transcurso para rÃos. As rúas como espazos públicos para viandantes. Barrios fechados ao resto da cidade pola súa configuración e separados polas mesmas rúas que en teorÃa os comunican. Os espazos rurais próximos aos núcleos urbanos como lugares onde desenvolver experiencias de sustentabilidade. Estas son só algunhas das mudanzas de percepción que nos propón o proxecto A cidade intuÃda. Equipos de arquitectos do noso paÃs analizaron a situación actual de Compostela partindo de diferentes perspectivas e imaxinaron as posibilidades que teñen diferentes zonas desde a súa disciplina. A Porta Faxeira, os barrios de San Roque, San Pedro ou Hortas e San Lourenzo, asà como o núcleo rural de Santa Cristina ou a ribeira do Sarela son algunhas das áreas para as que estes profesionais nos achegan novas propostas. Un web vai recollendo as sucesivas achegas para o futuro de Compostela.
A cidade como camiños
Desde RVR arquitectos, Alberto Redondo, José Valladares e Marcial RodrÃguez analizaron a cidade desde a perspectiva dos camiños que conflúen nela. A pegada das rutas de peregrinación no propio caso urbano, fÃxolles pensar nunha cidade peonil que, seguindo esta trama de roteiros, permita una alternativa ao transporte en coche. Segundo explican, os camiños, “ao mesmo tempo que unen lugares, fan da experiencia do camiñar unha experiencia de percepción lenta do territorio fÃsico que atravesan”, de xeito que as vÃas peonÃs supoñen tamén un novo xeito de concibir o contorno, facendo das propias vÃas un espazo público de encontro e relación e motivando accións de recuperación das áreas que atravesan. Para os membros de RVR as posibilidades do transporte a pé en Compostela están aÃnda por aproveitar, “coa maior parte dos grandes equipamentos públicos situados dentro de un radio de apenas 2 km desde o centro da cidade”, e permite unha nova interacción entre o contorno rural e o centro urbano.
Os camiños que conflúen en Compostela e a distancia desde o centro a espazos importantes. Con puntos laranxas sinálanse as principais poboacións que contornan a capital.
A pé por San Lourenzo
De xeito semellante, tamén para zona de San Lourenzo e Hortas Carlos Fernández e mais Crecente e Fuertes apostan polas posibilidades do transporte a pé. Estes arquitectos imaxinan para esta área traxectos organizados en intervalos que leva tres minutos percorrer. Ao final de cada un deles observan que servizos están dispoñibles e as posibilidades do lugar, identificando zonas potenciais de actuación. Segundo eles o diagrama resultante desta análise “pon en evidencia a carencia de equipamentos e infraestruturas dos que adoece a zona de intervención e a súa conseguinte dependencia do centro da cidade”. Na súa avaliación, o proxecto valora mesmo as percepcións visuais e mesmo sonoras do percurso, atendendo aos lugares desde onde se pode ollar a catedral ou se pecribe o son do rÃo.
O tramos de tres minutos de percorrido que propón este proxecto. Abaixo, en amarelo, as zonas que amosan maiores oportunidades de intervención nas beiras destas vÃas. O cadro amosa as distancias a pé entre diferentes áreas.
O rural dentro da cidade
Tamén a aposta das firmas Salgao e Liñares, Abalo Alonso e mais Escaleno Arquitectura para a área de San Roque, anexa ao casco histórico, xoga cos peóns e cos camiños como elemento fundamental de reorganización do espazo. A zona, mestura de construción tradicionais con casas de nova construción e definida polas antigas hortas de diferentes conventos, convertidas hoxe en parques, deu nunha área na que diferentes “bolsas”, de solo fican incomunicadas e provocar unha certa degradación do espazo. En concreto, o proxecto proposto avoga pola recuperación de rueiros tradicionais de tránsito para conectar parques como o da Almáciga e Bonaval entre outros espazos, abrindo ao emprego público espazos que na actualidade fican “ocultos”. De xeito paralalo, estes arquitectos propoñen unha significativa redución do tráfico na zona e en xeral en todo o contorno do casco histórico, suxerindo un maior aproveitamento dos periféricos existentes na cidade, asà como a recuperación para o paso público da grande esplanada do colexio La Salle, que limita a zona polo sur.
Resumo do proxecto para a zona de San Roque con plano do barrio.
A alternativa á cidade histórica
Cunha configuración ata certo punto semellante á deste barrio, San Pedro configúrase na zona leste da cidade arredor do Camiño Francés. Para este barrio os arquitectos Barrios, Carbajo e Pinto propoñen, canda a inevitable redución do transito rodado, a potenciación da que hoxe é unha área secundaria no barrio. Para isto, e tomando como eixe o parque da Trisca, propoñen favorecer novos empregos para esta zona, facendo de rúas que hoxe teñen un emprego case totalmente residencial áreas nas que o esparcemento e os negocios teñan un maior protagonismo. De cara a conseguir esta revitalización, propoñen mellorar a comunicación da área, ata o de agora limitada por vÃas de comunicación como a circunvalación da Avenida de Lugo e mais polos propios desniveis do terreo. Neste sentido, o proxecto contempla a instalación de escaleiras mecánicas, pasos elevados e rúas peonÃs que favorecerán a integración na cidade deste espazo.
Novos pasos peonÃs (en azul) e propostas de actuación sobre o tráfico rodado en San Pedro (en vermello).
Unha rede de rÃos
Alberto Quintáns e Cristina Ansede atenden á rede fluvial que existe no concello para imaxinar unha proposta na que se integra o rÃo como parque liñal á vez que se aposta por recuperar as zonas anexas para o cultivo e vencellar este traballo a servizos de hostelarÃa ou venda. Na súa análise centráronse en Compostela como un espazo percorrido por cursos fluviais, atendendo ás cuncas nas que desaugan e ao xeito no que estes accidentes xeográficos contribuÃron a configurar a cidade. Do mesmo xeito, os arquitectos valoran o emprego que se lles daba aos rÃos no pasado e mais na actualidade.
A cunca do Sarela e a pegada dos rÃos da configuración da cidade.
A cidade futura
Como se pode comprobar, a cidade de 2021 será mais peonil do que hoxe en dÃa, de seguirmos as impresións destes arquitectos. Ademais, obsérvase unha preocupación crecente por mellorar as conexións de espazos que na actualidade se atopan pouco integrados no tecido urbano, precisamente apostando pola circulación a pé, o que permite menos obras nun contorno tan complicado como é esta cidade monumental. Contémplase tamén un interese renovado polos espazos máis ou menos periféricos ao centro monumental, con apostas pola recuperación do carácter rururbano de determinados barrios. As vÃas de tránsito como espazos públicos, e as intervencións de humanización toman o lugar nas propostas da Cidade IntuÃda, a obras grandes e espectaculares. Quédanos por comprobar cal é o camiño real que toma a cidade, e ata que punto estas visións se concretan.