Os petróglifos 3D

Un proxecto reproducirá os gravados rupestres do Val Miñor con tecnoloxía 3D

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Recreación 3D dun petróglifo do Val Miñor

Recreación 3D dun petróglifo do Val Miñor

Escanear a un nivel de micras o importante legado de arte rupestre que existe no Val Miñor, e a partir destes datos, crear reproducións exactas dos mesmos en xeopolímeros e cerámicas de arxila cocida. E todo isto sen tocar sequera estas delicadas pezas. A iniciativa, pioneira no noso país, xorde como unha colaboración entre o Instituto de Estudos Miñoranos, o Instituto de Cerámica de Galicia (ICG) e mais a Fundación Instituto Tecnológico de Materiales de Asturias (ITMA), e conta co apoio do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación tecnolóxica, que cubrirá un 70% dos custes da iniciativa. Nace un novo camiño para a conservación e o estudo dos petróglifos no noso país, que agarda estar rematado antes de fin de ano. A idea a medio prazo é ampliar esta iniciativa a outros conxuntos rupestres do noso país.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Os petróglifos da túa vida

Os petróglifos da túa vida

Antonio de la Peña e Buenaventura aparicio fálannos dos petróglifos que marcaron as súas carreiras

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tecnoloxía, Instituto de Estudos Miñoranos, Asturias

Claves

Conceptos
Lugares