Hai apenas unha semana, a banda Ataque Escampe anunciaba, mediante un comunicado a súa intención de “decrecer”. Deste xeito, os membros do grupo encargaranse da produción e da xestión integral do que será o seu cuarto disco. Segundo explicaban, son tempos duros para os proxectos musicais en Galicia, fundamentalmente por mor da crise e mais polas mudanzas nas polÃticas públicas de apoio ao sector. “Pensabamos que o noso proxecto corrÃa á marxe das institucións e non era asÔ, sinalan no seu comunicado. Indagamos as causas que están detrás destas mudanzas do sector cun dos seus membros.
As Ataque Escampe decrecen (para seren máis felices) é o tÃtulo do comunicado que este grupo difundÃa a pasada semana através do seu web. No mesmo, recoñecÃan estar a pasar dificultades económicas e apuntaban unha serie de causas para a situación actual, entre elas a mudanza dunhas polÃticas públicas encol do sector da que non eran conscientes. “Boa parte da nosa economÃa dependÃa de empresas intermediarias cuxa economÃa dependÃa, á súa vez, dunha serie de subvencións e dunhas polÃticas de promoción da cultura que, polos motivos que todas sabemos, fóronse co vento”, explican, entre outras cuestións.
Menos recursos
A redución das actuacións en directo están detrás da actual situación deste grupo, e é ao que se refiren coas “empresas intermediarias”, explica Miguel Mosqueira, guitarra do grupo. A redución dos ingresos que lles achegaba o directo leva a que a formación opte por minimizar riscos e realizar un menor investimento no vindeiro proxecto. “As vÃas que nos quedan implican por prescindir da distribución en tendas mediante unha distribuidora, e buscar unha tiraxe máis axustada”, explica Mosqueira. Deste xeito, o novo álbum sairá con 500 copias fronte as 1.000 que viron a luz do último lanzamento. O decrecemento do que falan os Ataque Escampe implica ademais que a banda autoproducirá e distribuirá o que será o seu cuarto álbum, Violentos anos dez. Malia a que autoprodución e a distribución artesá non implican realmente unha diminución importante de custos, si que eliminan intermediarios no proceso de elaboración do disco e permite maiores marxes de beneficio para o grupo. Segundo explica Mosqueira, “o disco poderá como os anteriores, descargarse na nosa páxina, e o que queira telo como obxecto terá a gratificación dun extenso bonus track. Poderá mercarse no concertos ou a través da plataforma A Regueifa”.
A caÃda dos festivais
Malia a que no grupo recoñecen a importancia crecente que está a adquirir o circuÃto de salas, Ataque Escampe ten claro que a diminución de axudas públicas aos festivais de verán está detrás do descenso de contratacións. “Os festivais son o agosto para os grupos. Contan con apoios públicos e privados, ofértanlle aos grupos un caché maior do que pode dar a entrada do público nunha sala con pouco aforo. E é moi lÃcito tamén que teñan eses apoios, porque ao final están a promocionar o produto cultural propio. E isto estámolo a notar especialmente os grupos que cantamos en galego, porque habÃa citas que tiñan un compromiso especial coa lingua”. Deste xeito, os Ataque anuncian que tentarán explorar o mercado de inverno por salas, cun caché menor ao que viñan cobrando. “Teremos que tocar en salas máis pequenas para ir tirando e lle ensinar o noso traballo á xente. Os grupos que cantamos en galego en certa medida podemos depender do apoio público para manter bos cachés, porque a demanda do mercado non é tanta”.
Un problema colectivo
“Cando sacamos o último disco, hai dous anos, existÃa unha estrutura musical incipente na música galega que, ao mudar o goberno, veuse abaixo”, resume Mosqueira. E é que, ao ver dos membros do grupo, a crise e a mudanza nas polÃticas culturais no ámbito da música, deixouse ver tamén noutros ámbitos para alén da contratación de concertos. “As distribuidoras antes tamén contaban coas adquisicións da Xunta para bibliotecas”, lembra o guitarrista. “Iso daba para ter unhas certas espectativas de venda e permitÃan darse a coñecer máis facilmente. É certo que as vendas nunca foron grande cousa, e xa permitiamos a descarga dos discos ademais de distribuÃr nas tendas, pero isto xa non serve”. Os Ataque non son os únicos que están a sufrir a situación actual. “Os grupos amigos tamén se queixan de que hai menos concertos e menos festivais. Ante unha situación asà quedan menos posibilidades. Ou se retiran ou continúan esforzándose aÃnda que sexa por unha recompensa menor. Nós seguiremos, e pensamos que outros grupos que están en situación semellante tamén".
A pegada da promoción
A promoción dos grupos tamén mudou nos últimos anos, segundo a percepción deste conxunto. “Antes a distribuidora, Lonxa Cultural, levábanos no seu catálogo ás feiras galegas e de España”, lembra. De xeito semellante, o grupo participou en proxectos como o disco GZ Pop! editado pola Xunta para promover os conxuntos do noso paÃs. “Tamén se notou o cambio no apoio aos medios de comunicación en galego, como Vieiros ou A Nosa Terra que eran moi importantes para dar a coñecer o traballos dos grupos en galego”, lembra Mosqueira.
Máis independencia
“En xeral, o labor que fixo o bipartito era máis ou menos razoable na medida en que tentaba potenciar un sector bastante silenciado como era o da música en galego”, valora este músico. “Tomou medidas que funcionaron bastante ben e os grupos beneficiámonos diso, pero o sistema dependÃa bastante do poder público, e ao mudar isto, temos que nos readaptar. Para afortalar a traxectoria do grupo cómpre se conscientes de que facemos un traballo de base, case underground, porque o mercado non lle fai moito caso a esta escena”. De cara ao futuro, sinala a tendencia a proposta máis independentes desde o punto de vista económico na nosa música. “A estratexia vai ser máis no estilo do Do it yourself dos punks, sen depender tanto de instancias externas. Se nalgún momento axudan, ben, pero o camiño ten que ser propio.