Con ocasión do vindeiro Saló del Còmic de Barcelona, en abril, El Patito Editorial presentará os dous primeiros números da súa nova colección de BD, que adapta aos cadriños obras de Ágatha Christie. Morte no Nilo, de Riviére e Solidor e Os catro, de Paillou son os primeiros títulos da colección, publicada orixinalmente en Francia e que recolle traballos de diferentes autores. As 20 obras previstas sairán en formato álbum de 64 paxinas, a toda cor e con edicións en galego e en castelán.