Polo xeral, cando escoitamos falar das carpintarÃas de ribeira, débese a que algunha destas instalacións fecha ou corre risco de derrubamento. Nos últimos anos, e vencellado á reivindicación do patrimonio marÃtimo, está a se dar un certo movemento social que reclama a importancia destes bens. No marco do Proxecto Dorna, o Colexio de Arquitectos realizou un primeiro inventario destes espazos nos que se garda aÃnda a tradición de facer barcos de madeira.
Ata o de agora, coñecer polo miúdo o noso patrimonio marÃtimo pasaba por perguntar nalgunha das asociacións dedicadas a estes bens que existen polo noso paÃs ou indagar entre os maiores das localidades costeiras. Agora, por vez primeira un catálogo pon na rede de xeito sistemático as embarcacións e carpintarÃas de ribeira que existen espalladas polas nosas costas, e revela a existencia dun riquÃsimo patrimonio que non ten igual a nivel europeo. A iniciativa responde ao Proxecto Dorna é unha iniciativa financiada pola Comisión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), que pretende favorecer a conservación e recuperación do patrimonio náutico tradicional da costa atlántica europea, atendendo ás súas posibilidades para o desenvolvemento local. Entre outras cuestións esta iniciativa, con continuidade prevista ata 2013, atende á conservación e difusión dos xeitos tradicionais de construción de embarcacións tradicionais.
Inventario e catálogos
Unha parte do resultado deste intenso traballo de investigación está xa dispoñible na rede, onde se poden ver tanto as embarcacións como os estaleiros xeolocalizados, en moitos casos con imaxes e con diferentes datos sobre o seu estado. Para alén disto, en breve verán a luz dous catálogos nos que se recolle unha selección destes elementos achegando información completa sobre cada un deles. Óscar Fuertes, que precisamente está a traballar nunha tese sobre este tipo de edificacións, foi o encargado de elaborar o catálogo dos estaleiros de ribeira por parte do Colexio de Arquitectos (COAG). Segundo el, malia á decadencia da construción artesanal de embarcacións, Galicia mantén unha vitalidade neste sector inédita noutros lugares de Europa. “Dentro dos socios do Proxecto Dorna, somos os que temos unha maior cantidade de estaleiros deste tipo, Galicia continúa aÃnda coa tradición de construÃr en madeira”, explica Fuertes. AÃnda que o catálogo de próxima aparición recollerá unicamente 11 estaleiros deste tipo no paÃs (fronte a catro en Euskadi e Escocia e só tres en Portugal), a base de datos actualmente dispoñible na rede amosa un inmenso patrimonio deste tipo por toda a nosa costa, aÃnda que en moitos casos se trata de construcións xa desaparecidas. Abonde dicir que case cen das 131 construcións inventariadas nos paÃses europeos participantes no proxecto Dorna están, ou máis ben estaban, en Galicia.
Os edificios
As carpintarÃas de ribeira supoñen un singular tipo de edificación que só nos últimos anos está a recibir atención por parte da sociedade civil e de algunhas institucións. O interese por conservar e recuperar estes elementos, que en moitos lugares fan parte da paisaxe costeira do paÃs, chega tarde para moitos casos. “Hai apenas vinte anos conservábanse preto de cen carpintarÃas deste tipo, e agora apenas quedan dez”, lembra Fuertes. “Existen aÃnda por toda a costa, desde Ribadeo ata a fronteira con Portugal, e son un auténtico fito para o noso paÃs”, defende este arquitecto. Debemos pensar que, de xeito xeral, estes espazos naceron como simples cubertas destinadas a gorecer os traballos de construción, e que aos poucos foron evoluÃndo ata dar en auténticos espazos fechados especializados nesta función concreta e adaptados en cada caso ao seu contorno inmediato. “Non hai unha perfección no detalle construtivo, pero existe unha estrutura moi elaborada e o endentemento da madeira é digno de aprender en cada unha delas”, explica. A modernización das instalacións nalgúns casos e o feche e o abandono en moitos outros están detrás da desaparición de moitas destas singulares estruturas. Pero, tal e como se comproba ao contemplar o inventario do COAG, non sempre a modernización das empresas implica unha destrución do antigo estaleiro. En moitas das fotos da base de datos pódese comprobar como modernas naves industriais conviven coas antigas instalacións que, ou ben continúan a desempeñar a súa antiga función ou simplemente fican en pé ao carón dos espazos nos que agora se constrúe. De xeito peculiar, Fuertes destaca a importancia de espazos como o estaleiro A Barquiña-Farei ou o Taller do Charango. “Son espazos que se adecúan ao lugar dun xeito sorprendente. Barquiña Farei está completamente integrada na costa, co embarcadoiro ou a rampa, e mesmo a protección das árbores do contorno, fai parte do lugar”.
A conciencia
A polémica que ao longo dos últimos anos acompaña os restos do estaleiro de Purro en Bueu é unha boa mostra da relativa conciencia que está a aparecer sobre a importancia patrimonial destes bens. Defensores de recuperar e restaurar este ben e partidarios de tiralo abaixo enfróntanse nun debate que aÃnda non rematou. De cara a recuperar estes bens, Fuertes recoñece que non hai receitas claras. “Cada caso é un mundo, e iso é tamén o bonito”. A variedade que presentan estas construcións e o feito de estaren construÃdas maioritariamente en madeira sen tratar e en zonas moi expostas aos elementos e á acción do mar dificultan a súa conservación e recuperación. “Nos casos nos que aÃnda están en activo, está claro que deben manter a súa actividade. Se están sen uso, cómpre procurarlles un novo, e para iso hai que fixarse no tipo de poboación no que están, cuestións como o número de desempregados ou a estrutura de idade. Logo poderemos buscarlle un emprego, sexa como escolas de vela, centros relacionados co sector do mar ou mesturando xestión pública e privada. O importante é non perder o corpo do edificio e logo e cada un deles pódeselle buscar unha solución acorde ao mesmo e mais ao contorno”. A cuestión é que, aÃnda hoxe, a idea de que cómpre preservar e revitalizar estes espazos continúa sen ser unánime. “AÃnda non se deu unha toma de consciencia clara. O primeiro labor agora é conseguir iso”, advirte este investigador. E é nese camiño que se insire a edición do catálogo do proxecto Dorna no noso paÃs, con vistas a tentar conseguir un maior respecto para este patrimonio.
A transmisión
Obviamente, a crise da construción tradicional de barcos e mesmo a desvalorización deste oficio está detrás do abandono destes espazos. “A actividade sofre desde hai moito tempo problemas importantÃsimos, e hai moitos factores que explican a actual situación”, lembra Fuertes. Deste xeito, puntualiza que non todas as instalacións contempladas se dedican e exclusiva a este tipo de construción naval. “Moitos estaleiros tiveron que facer tamén construción ou reparacións en aceiro ou outros materiais. É o caso por exemplo do estaleiro Triñanes DomÃnguez de Boiro, que canda a reparacións en aceiro fai tamén grandes barcos de acuicultura que practicamente están construÃdos en madeira na súa totalidade”. No entanto, para este arquitecto, o actual interese pola sustentabilidade e as polÃticas europeas encol do patrimonio poden supor unha oportunidade para o sector. “Do mesmo xeito que noutras actividades, a cuestión da sustentabilidade tamén entra neste ámbito. Na construción naval probouse o aceiro ou a fibra de vidro, pero ao final vese que a madeira, que se empregou toda a vida, dá bos resultados”. Como no caso de moitas outras actividades artesanais, un dos problemas fundamentais da carpintarÃa de ribeira é a transmisión dos coñecementos necesarios para traballar neste campo. “Polo xeral, o oficio transmÃtese entre xeracións, sexa aos fillos ou ben a xente que estivo toda a vida dedicada a isto, que aprendeu a base de experiencia e que continúa”. E é que en todo o noso paÃs, unicamente o centro de formación Aixola, en MarÃn, achega a oportunidade de se coñecer as tecnicas de construción tradicional dun xeito regrado. “TerÃa que haber máis, debemos pensar que se pedermos estes carpinteiros, que dedicaron toda a súa vida a isto, estamos a perder toda a súa sabedorÃa”.
A difusión
O traballo do proxecto Dorna encol deste patrimonio aÃnda non rematou. Canda ao lanzamento do catálogo impreso tanto sobre estaleiros como sobre embarcacións, ao longo dos vindeiros meses incrementarase o esforzo por concienciar a sociedade da importancia destes bens. “Nestas contrucións sen arquitectos pode contemplarse a sabedorÃa dos seus autores e a cultura dunha época. Os nenos que aÃnda hoxe camiñan polo paseo de Bueu e ollan o que queda da carpintarÃa que hai alÃ, conservarán iso na súa lembranza e saberán que alà se construÃan barcos. Ese é o tipo de cousas que achega a arquitectura”, resume Fuertes a pegada destes espazos.

GalerÃa: As casas dos barcos
Interior do estaleiro A Barquiña-Farei. Fonte: COAG. Proxecto Dorna.
Modelos para a construcción de barcos no estaleiro A Barquiña-Farei
Fonte: COAG. Proxecto Dorna.
Exterior da Casa do Charango. Outes
Fonte: COAG. Proxecto Dorna.
Estaleiro de Purro. Bueu
Fonte: COAG. Proxecto Dorna.
Interior do estaleiro Roseva. Cabana de Bergantiños.
Fonte: COAG. Proxecto Dorna
Estaleiro de Lorbé. Oleiros.
Fonte: COAG. Proxecto Dorna.
Exterior do estaleiro Roseva. Cabana de Bergantiños.
Fonte: COAG. Proxecto Dorna.