Moito se ten falado da importancia da vaca na nosa cultura tradicional. Agora, o Centro Ramón Piñeiro acaba de publicar O libro da vaca. MonografÃa e etnolingüÃstica do gando vacún, unha obra, froito da colaboración entre un lingüista e un veterinario, que analiza polo miúdo os vocablos e as expresións relacionadas con este animal na nosa lingua e revela como se mantivo o estatus do mesmo ata os últimos anos.
Que un centro de investigación en humanidades como é o Ramón Piñeiro lle dedique un libro á vaca pode semellar estraño. No entanto, se sabemos que a obra céntrase en analizar a lingua relacionada con este animal e que recolle todo tipo de vocablos, expresións e actividades vencelladas ao mesmo, e que é produto da colaboración entre o académico Xesús Ferro Ruibal e mais de Pedro Benavente, un veterinario con décadas de experiencia na recollida deste tipo de material, a cousa cobra sentido.
A orixe da obra
Segundo explica Benavente O libro da vaca “naceu a consecuencia dun curso que nos veu dar Ferro Ruibal ao colexio de Veterinarios de Pontevedra. Como actividade final unha serie de compañeiros presentou unha recollida de léxico de nomes de animais e de partes dos mesmos, enfermidades e tratamentos tradicionais nas zonas de Arcade, Soutomaior e A Lama. A partir de aÃ, fomos engadindo cousas ata dar no actual volume”. Para alén deste punto de partida da colaboración entre os dous autores, Benavente recoñece que de xeito paralelo á súa actividade profesional leva arredor de vinte anos recollendo léxico, expresións e costumes vencellados coa vaca, e que de xeito paralelo a este traballo de campo, consultáronse todo tipo de dicionarios, vocabularios e textos editados ou non que tocaban esta cuestión.
O contido
O resultado de tanto esforzo deu nun volume no que se poden atopar máis de 12.000 unidades léxicas arredor dos bóvidos. “Ademais hai fraseoloxÃa, locucións, fórmulas e outras cousas”, lembra Benavente. Léxico para designar os animais, as diferentes denominacións segundo idades ou sexos, a dentición, as parte do exterior, as pezas de carne, nomes vencellados á reprodución, patoloxÃas ou os trebellos que se empregan en contacto directo co gando están recollidos na obra, asà como fraseoloxÃa na que aparece a vaca como elemento metafórico aplicado noutros contextos. Ademais “hai moito contido etnográfico, con supersticións, lendas, crenzas ou terapéutica traidicional. Mesmo aparecen salmos tanto para curar as enfermidades das vacas ou para que Santo Antón as protexa como para que o lobo ataque o gando do veciño, ou un capÃtulo sobre topónimos derivados de termos gandeiros”.
O que se mantén e o que se perde
Na actualidade, as mudanzas no sistema gandeiro están a provocar que a vaca perda o seu status na nosa cultura popular. “Antes a vaca facÃa parte da familia e convivÃa fisicamente con ela, ao estar a corte integrada na casa. Os animais estaban unha xeración enteira, vinte ou vinte e cinco anos a compartir ese espazo. Entón era moi sinxelo que fixese parte do acervo cultural. Agora, ao seren as explotacións cada vez máis grandes, hai menos sentimentalismo na relación e vaise perdendo ese elemento cultural, asà como moitos conceptos ligados con este animal. Xa ninguén lembra o nome das dúascentas pezas do carro, e os xugos son hoxe pezas de museo”, explica Benavente. No entanto, este veterinario comproba no seu traballo que se manteñen determinados riscos deste legado. “Mesmo en explotacións de grande tamaño, onde pode ser máis difÃcil lembralos os animais continúan a ter nomes propios que se empregan ao tratar con eles”. Iso si, nas investigacións que realizou verificou como este nomes foron mudando ao longo do tempo. “A mediados do século XX eran nomes máis tradicionais, como Rubia, Paloma, Marela... pero aos poucos foron aparecendo os de personaxes televisivos, tanto de famosos como mesmo de polÃticos”. AsÃ, ten recollidas denominacións como Quintana, Fraga, Touriña ou CuÃña, entre outras con vocación parlamentaria, ou Ainhoa, Leticia ou mesmo Lapantoja. Canda a isto, mantense moito do legado lingüÃstico e cultural arredor deste animal. “Nos dicionarios que consultábamos en ocasións viamos cousas confusas, e preguntando a gandeiros da mesma zona hoxe, sabÃan perfectamente de que se estaba a falar, algo que non nos aconteceu cos veterinarios. Existen cousas rexistradas hai 50 ou 100 anos que se manteñen e continúan empregándose, pero non podemos asegurar canto se mantén e canto se perdeu”.
Enfermidades
Dentro do saber popular recollido ao longo da investigación, Benavente apunta a existencia de abondosas tradicións encol das doenzas do gando vacún. “Pareceume moi interesante como os gandeiros explican de xeito tradicional as enfermidades e o tratamento que lles dan”. Nese sentido destaca un mal provocado pola fermentación de gases no estómago do animal, que xa foi recollido, canda a súa explicación popular, por Sarmiento. “Os gandeiros entenden que isto é debido a que a vaca comeu unha herba na que mexara unha rá concreta, ou hai un destes animais, ou escarabellos ou unha cascuda de certo tipo. E realmente pensamos que esta rá aparece en zonas con moita humidade, que é onde a herba fermenta con máis facilidade, e que polo tanto si pode estar asociada ao mal sen ser a súa causa”, explica o veterinario. Non sempre as tradicións ao respeito son tan racionais, aÃnda que Benavente recoñece que hai receitas como as empregadas para curar feridas nos pezuños que son efectivas.
Calidades
A partir da fraseoloxÃa e ditos vencellados a este animal, pódense recoñecer as caracterÃsticas vencelladas de xeito tradicional ao mesmo. “Fundamentalmente asóciase coa paciencia e a capacidade de aguante, que non coa resignación. Aà está por exemplo a expresión do manso boi galego que se aplicaba aos segadores galegos en Castela. Ou o de ir a paso de boi, a camiñar lentamente pero dun xeito constante e seguro” explica este veterinario. Canda a isto, expresións do tipo “forte como un boi”, ou “gordo como unha vaca” amosan a integración dos valores desta especie na vida cotiá, que se estende mesmo aos derivados do xugo “conxuxe, conxugar ou xunguir dúas persoas veñen desta palabra”.
A importancia bovina
Unha vez vista a riqueza da vaca na nosa lingua, cabe preguntarse se existe algún outro animal que dea para un volume semellante a este. Para Benavente “posiblemente o porco poida dar moito de si, pero fóra do aspecto gastronómico non ten máis utilidades, non se lle dan usos mentres vive, mentres da vaca aprovéitase todo mesmo en vida, pero si é certo que atopamos moita fraseoloxÃa vencellada ao porco”.