Recentemente saÃa á luz a aprobación do Plan Especial de Baroña, un documento que ordena o contorno do Castro e que é un instrumento fundamental de cara á futuras actuacións neste ben. O proxecto prevé novas instalacións e rehabilitación de elementos etnográficos, e abre as vÃas para á futura recuperación deste ben, aÃnda que para ollarmos intervencións de envergadura nos propios restos teremos que agardar.
As continuas novas que desde hai anos se suceden encol do penoso estado do Castro de Baroña, aÃnda pendente da súa anunciada declaración como ben de Interese Cultural, poderÃan estar a rematar. O Concello de Porto do Son aprobaba a finais do pasado mes de novembro o Plan Especial de Baroña, un documento que, sen intervir directamente nos restos do poboado, organiza o contorno do mesmo. A proposta facilita futuros traballos de recuperación e supón o primeiro paso do proceso de posta en valor deste monumento.
As novidades
Un dos puntos máis importantes deste documento é a creación dunha serie de instalacións anexas ao depósito arqueolóxico que permitirán a organización das visitas a un ben que, na actualidade, carece de elementos que o poñan en valor. Marcial RodrÃguez, da firma RVR arquitectos, foi un dos responsables de elaborar un documento que, segundo el, “trata de ordear todo o solo da zona”. De xeito xeral, prevese diferenciar os accesos entre os visitantes que van para a praia e mais aqueles que se achegan a visitar ao castro. Deste xeito, vaise ampliar o aparcadoiro actual e construirase un novo. Do mesmo xeito, recuperaranse unha serie de camiños tradicionais que, do mesmo xeito, canalizarán os dous tipos de visitantes. No entanto, segundo lembra RodrÃguez, “poderá circularse transversalmente entre a praia e o castro, non se vai valar a zona. Simplemente tentarase que o fluxo non sexa tan masivo”. A recuperación de camiños, asà como de muros e oturos elementos etnográficos da zona é outro dos puntos destacados deste plan. “Moitos camiños estaban moi desvirtuados polo paso de turistas e o acceso ás praias”. No entanto non cabe dúbida que o proxecto estrela para Baroña é a construción do Centro de Interpretación, un edificio que pretende integrarse co contorno e que deberá achegar información histórica e de contexto sobre un monumento que, na actualidade, carece deste tipo de contidos. A Dirección Xeral de Patrimonio anunciara xa a súa disposición a apoiar este proxecto cun millón de euros, sen que polo momento a axuda se concretase.
O potencial
Segundo explica RodrÃguez, a área afectada por este plan “está determinada polas normas subsidiarias do Concello para pór en valor o depósito”. Segundo el, coa aprobación deste texto, “o castro é un dos poucos no paÃs que ten o seu espazo ordeado e dá pé a futuras intervencións”, unha iniciativa que, ao seu ver, deberÃa seguirse no caso doutros monumentos. “Se se comeza a actuar penso que isto pode ser unha mina de ouro para Porto do Son e para Galicia. Trátase dun dos bens máis aprezados e coñecidos, e ben levado é unha oportunidade”. Os cálculos son que entre 80 e 100.000 persoas pasan cada anos por estes restos, xa na actualidade. Precisamente esta afluencia descontrolada de xente é a principal causa do grave deterioramento do conxunto. “É moita xente que pasa por alà movendo pedras e pasando por riba dos muros. Ademáis a erosión mariña tamén é moi importante, máis ao se tratar dun depósito que xa foi escavado. Cómpre actuar xa, desde 1996 que se se realizou a última escavación, está abandonado”.
As leis dos espazos
A cuestión destas normas que regulan o emprego do solo é máis importante do que pode semellar, xa que a organización municipal do solo determinou en grande medida as posibilidade de protección e de posta en valor deste ben. Tal e como recoñece este arquitecto, “a delimitación do ámbito xa viña marcada polas normas subsidiarias e non se modificou para a facer máis rápida”. E é que mudar empregos ou ampliar determinadas áras de protección implicarÃa longos procesos no concello. Para alén das normas municipais, debemos pensar que o espazo afectado inclúe terreo que de dominio público administrado por Costas ou áreas con protección polo seu interese ecolóxico, entre outros tipos. É por isto que, tal e como recoñece RodrÃguez, “a primeira dificultade neste proxecto foi pór en común todas as administracións e facelas partÃcipes. Costas, por exemplo, tiña prevista a creación de sendas ponÃs que percorrÃan a costa, e nós tentamos modificar o percorrido para que fosen por un lugar máis axeitado. Logo, tamén os reponsables da estrada (AC-550) tamén estaban preocupados polo aparcadoiro, e tivemos que facer unha proposta axeitada aos seus criterios. Pola banda de Patrimonio esixiron un catálogo para pór en valor todos os elementos que hai na zona para alén do castro. E Medio Ambiente tamén reclamou un estudo por cuestión de augas e de vexetación. Tivemos xuntanzas con todos eles durante a elaboración do plan”. Precisamente a recuperación do sistema de dunas pegado á praia é a causa de que este documento contemple a demolición dunha casa construÃda ilegalmente nesta zona.
A recuperación futura
A plan aprobado, tal e como sinalamos, céntrase exclusivamente na ordenación do contorno do Castro, e non prevé intervencións neste ben. Segundo recolle o texto, “o ámbito asinalado será obxecto dun Plan Director, mentres non se redacte o citado Plan as únicas obras autorizables serán aquelas que teñan un carácter urxente en razón do mantemento e conservación do xacemento”, e sempre con permiso da Dirección Xeral de Patrimonio. A aprobación do castro como Ben de Interese Cultural está en proceso, como parte dunha vintena destes poboados que se incorporarán á lista de patrimonio protexido con esta figura. Os últimos que se incorporaron, este mesmo ano, foron o castro de Troña e mais o de Viladonga. En canto a declaración sexa oficial establecerase unha área de protección que, posiblemente, abranga máis elementos do que actualmente recolle o Plan Especial xa aprobado. “Eu penso que a área de protección deberÃa ser aÃnda algo maior. Aparentemente, coa declaración de BIC, este espazo ampliarase e incluirá outros elementos patrimoniais, como petróglifos, ademais de que seguramente se preste unha especial atención ás cuestións ambientais do contorno”, explica RodrÃguez. Con posterioridade deberá aprobarse o Plan Director que será o que estableza polo miúdo as necesidades do monumento e as medidas de protección necesarias para o mesmo. Por exemplos anteriores sabemos que a elaboración deste novo plan pode demorarse ben máis dun ano. Deste xeito, non é de agardar que en breve vexamos obras importantes de restauración neste poboado.