O castro da Punta de Muros estaba ubicado na zona na que se decidiu construÃr o Porto Exterior da Coruña. Escavouse durante o primeiro semestre de 2005 e en xullo a Dirección Xeral de Belas artes autorizou a súa destrución para iniciar as obras do porto exterior, que finalizou en novembro. Unha publicación do director da empresa que realizou a escavación, Juan A. Cano Pan, e o profesor da UDC Fernan Gómez Filgueiras de Brage revela agora a importancia do antigo xacemento. Titúlase "La Paleometalurgia del Poblado de Punta de Muros (Arteixo, A Coruña) en el contexto de la transición Bronce Final - Primera Edad del Hierro", e editouse dentro da publicación Cuaternario y arqueologÃa: Homenaje a Francisco Giles Pacheco. Mercé a ela, agora sabemos que o poboado fortificado pertencÃa ao final da Idade do Bronce e inicio do Ferro, co seu apoxeo nos séculos VIII e VII e estaba especializado na elaboración de obxectos metálicos, tanto de uso común como ornamentais e simbólico.