Bibliotecas en estado puro

Cándida Höfer ispe as bibliotecas e os arquivos do Camiño de Santiago

2/11/2010 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: arte
2 lecturas | Compartido 0 veces

Espazos propios é o título que condensa unha peregrinación fotográfica no que a artista alemá Cándida Höfer fotografou os arquivos e biliotecas máis representativas do Camiño de Santiago. O resultado final repártese entre a biblioteca da Cidade da Cultura, baixo o nome de Lugares, e o mosteiro de San Martiño Pinario, co título de Espazos. A terceira póla do proxecto está en papel, no catálogo Espazos Propios que resume a filosofía, xénese e desenvolvemento desta iniciativa.
Höfer, herdeira aquel movimento fotográfico que se bautizou nos anos vinte como “nova obxectividade”, emprega a cámara para achegar esa función documental baseada que aproxima a fotografía á ciencia, a retratar con detalle a natureza do cotiá, o detalle co que o obxecto adquire outra nova dimensión case pictórica. Orde e equilibrio, amparado na fidelidade do fotografado cunha gran perfección técnica na que o encadre de Höfer é clave para achegarse aos espazos de intercambio cultural, da representación dunha das redes de comunicación máis antigas do mundo como é o Camiño de Santiago.

Sobre a artista
Unha nota de prensa do Xacobeo, entidade organizadora desta mostra en colaboración coa Fundación Cidade da Cultura, achega os datos biográficos desta artista nada en Eberswalde (Alemaña) no ano 1944, que “Estudou na Kunstakademie Düsseldorf, primeiro Cinema con Ole John, e despois fotografía con Bernd Becher”. Detalle destacado porque da man do matrimonio Becker (Bernd e Hilla Becher), Hoffer comezou a experimentar a fotografía dede unha ollada case científica, pretendendo a captación espacial, deixando emerxer a arquitectura do edificio. Os encadres centrados e un uso da luz que permite descubrir a súa beleza espacial que moitas veces fai dubidar da realidade mesma do edificios. O seu traballo puidose ver recentemente no MARCO de Vigo, a onde chegou do Irish Museum of Modern Art. IMMA de Dublín, Neue Nationalgalerie de Berlín, Museum Moderner Kunst Stiftung Ludwig de Viena.

Universo culturagalega.gal

01/03/2010

Proxecto Höfer

O MARCO exhibe a obra de Candida Höfer, a fotógrafa do espazo público