Hai quen emprega o seu tempo libre a facer maquetas, quen prefire os deportes, quen vai ollar paxaros... E hai quen, cando ten un anaco, vai ao campo buscar igrexas románicas. Hai uns meses, un grupo de persoas que comparten esta afección uníronse na asociación O Sorriso de Daniel. Agora, a entidade inicia a súa primeira actividade pública cunha campaña para dar a coñecer o patrimonio arquitectónico deste estilo que existe na comarca da Ulloa, a coincidir coa célebre Feira de Santos en Monterroso.
Preto de sesenta igrexas románicas espalladas nos concellos de Antas de Ulla, Palas de Rei e Monterroso. Todo un patrimonio moi pouco coñecido, e en ocasións difícil de atopar, que a coincidir coa celebración do día de Todos os Santos, o vindeiro 1 de novembro, vai vivir unha curiosa campaña de promoción. Deste xeito, nove destes templos estarán abertos e accesibles con visitas guiadas para todos os interesados en os coñecer durante esa xornada, en que se celebra a coñecida Feira de Monterroso. En concreto serán Santa María de Arcos e Santiago de Amoexa en Antas de Ulla; O Salvador de Valboa, San Lourenzo de Pedraza, San Miguel de Esporiz, San Martiño de Cumbraos e San Cristovo de Novelúa en Monterroso; e San Xiao do Camiño e Santa María de Marzá en Palas de Rei. Ademais, as campás de todos estes templos soarán ao únisono ás doce da mañá desta data como saúdo e reivindicación do Románico.
A importancia das igrexas parroquiais
Son case sesenta templos que teñen a totalidade ou parte da súa fábrica románica nesta zona, explica Carmen Varela. Afeccionada a este estilo artístico medieval, Varela é a secretaria de O Sorriso de Daniel, o colectivo que promove estas accións. Non é unha zona cun patrimonio moi coñecido. Cando se pensa no románico a cabeza vai máis cara á Ribeira Sacra, ao Ribeiro ou ás grandes catedrais e mosteiros. A nós pareceunos interesante comezar a defender estes bens, que, por estar no rural e seren obras que se poden considerar menores, pasan máis desapercibidos. Por se fose pouco, para alén dos eventos previstos para novembro, o colectivo vai publicar un calendario con fotografías de templos da zona realizadas por Soledad Felloza, ten xa en marcha un blog no que dan a coñecer estas igrexas e traballa na posta en marcha dun web propio no que se poderá consultar o amplo arquivo fotográfico que reuniron os socios sobre este tema.
O colectivo
O Sorriso de Daniel toma o seu nome da estatua que representa o profeta Daniel no Pórtico da Gloria de Santiago, obra culme da escultura románica especialmente famosa porque aparece sorrindo. Segundo no explica Carmen Varela, secretaria do colectivo, a asociación naceu formalmente en marzo de 2010. Algo antes xuntarámonos un grupo de persoas que nos coñecíamos da asociación estatal Amigos del Románico. Vimos a necesidade facer algo propio para o románico galego, que ten a súas peculiaridades, e arredor nosa foise unindo xente. Na actualidade, o colectivo reúne a aproximadamente unha trintena de socios que se agarda sexan máis en breve. Non somos moitos, pero todos son moi activos e están dispostos a facer cousas. Para explicar a afección tan peculiar por un estilo arquitectónico concreto, Varela sinala que en realidade o románico atrápate. Hai xente que chega pola fotografía, outros pola iconografía... non somos todos do mesmo padrón. De xeito curioso, dos socios actuais ningún é orixinario da comarca da Ulloa.
Pequeno e espallado
Encol das peculiaridades do románico galego, a secretaria deste colectivo, defende que se dan tanto a nivel artístico como á hora do tratamento que recibe por parte das administracións. Os grandes edificios están moi ben tratados e coidados. Ninguén lle chora cartos a un Pórtico da Gloria ou a un Santo Estevo de Ribas de Sil. Pero pola cantidade de obra rural que hai en Galicia, si que habería que lles prestar algo máis de atención, explica. De feito son frecuentes as novas de roubos e vandalismo en templos afastados, e en moitos casos o deterioramento de elementos arquitectónicos ou pinturas murais é destacado. Mais precisamente a cantidade de igrexas deste tipo que existe no país é a principal singularidade do noso románico. Temos máis de 800 edificios deste tipo, iso é algo que pasa moi pouco a nivel europeo, polo simple feito de que hai menos núcleos. A tradicional dispersión dos núcleos de poboación revélase neste caso como base desta importante riqueza patrimonial. Ademais, noutros lugares as igrexas románicas substituíronse por templos góticos e renacentistas, e aquí esa substitución só se deu, de xeito parcial, no barroco. Isto permitiu que subsistisen moitos edificios. Ademais, o estilo perviviu ata moi tarde, en Galicia seguíase construíndo deste xeito cando noutros lugares xa se abandonara. Todas estas circunstancias dan nunha especial variedade nos edificios deste estilo. Iso xerou unha dinámica propia, con igrexas pequenas feitas por escolas diferentes e mestres diferentes, aínda que en xeral é un arte que no noso país se mantén moi conservador nas formas, completa. Precisamente ese espallamento dos edificios dificulta moito o coñecemento destas pequenas xoias. Esta afección implica perderse moito. Non hai bibliografía organizada que permita coñecer todos os templos dunha zona, lembra Varela. A parte boa é que levas sorpresas, descubres cousas que non sabías, e iso compártelo logo con xente á que tamén lle interesa, e iso ten o seu encanto.
Para gustos hai igrexas
Á hora de escolle algún templo dos que se poden observar na Ulloa, Varela destaca a fábrica de Vilar de Donas, que xa se pode ver de xeito habitual. Fóra desta, unha que me gusta moitísimo é Santa María de Arcos. Ten un capitel na porta de entrada na que se pode ver unha chea de cabeciñas pequena. É unha iconografía que non se pode coñece noutras partes de España, cando o habitual era que cada obradoiro de canteiros repetisen e os motivos nas diferentes igrexas. Fóra da Ulloa, a secretaria do colectivo destaca o hospital do Incio. É un lugar que non se pode perder porque é completamente máxico. Os interesados en se introducir neste mundo teñen unha boa ocasión o vindeiro día un, nunha actividade que a asociación organiza coa colaboración do Bispado de Lugo que accedeu a abrir uns templos que, polo habitual, permanecen fechados aos visitantes. De cara ao futuro, novas acción tentarán amosar os sorrisos de pedra que se agochan no noso rural.

Galería: O románico na Ulloa
Frescos en Santa María de Marzá (Palas de Rei). Foto: Soledad Felloza
San Mamede do Carballal (Palas de Rei)
Foto: Soledad Felloza
Catelo de Pambre (Palas de Rei)
Foto: Soledad Felloza
San Miguel de Esporiz (Monterroso)
Foto: Soledad Felloza
San Salvador de Valboa (Monterroso)
Foto: Soledad Felloza
Santa María de Arcos (Palas de Rei)
Foto: Soledad Felloza
San Cristovo de Novelúa (Monterroso)
Foto: Soledad Felloza
San Martiño de Cumbraos (Monterroso)
Foto: Soledad Felloza
San Miguel de Coence (Palas de Rei)
Foto: Soledad Felloza
Santiago de Amoexa (Antas de Ulla)
Foto: Soledad Felloza