Oh, que bonito é ¿Panamá?

Panamesiana Teatro comeza a súa andaina cunha montaxe de monicreques

“É a historia dunha viaxe dúas personaxes que van buscando a terra dos seus soños que é a mesma casa na que viviron toda a vida, pero mirada con ollos distintos”. Este é, en palabras de Tomás Lijó, intérprete de fundador de Panamesiana Teatro, o argumento de Oh, que bonito é Panamá. Trátase dun espectáculo de monicreques, clown, que fala da amizade, do repecto polo contorno e a descuberta da felicidade polas pequenas cousas. A montaxe continúa a súa xira por Galicia logo dun periplo por Alemaña e Austria na mesma caravana que empregan para as súas representacións.