Continuamos coa nosa serie de descubertas arqueolóxicas do verán. Desta volta, presentamos un achado inusual: os primeiros fornos de pan atopados nun campamento romano na PenÃnsula ou mosteiros e necrópoles medievais soterradas e esquencidas. Para non perdelo.
O pan do diario
Tamén de época romana apareceron interesantes achados no campamento romano de Cidadela, en Sobrado dos Monxes. O campamento da Cohors I Celtiberorum, un destacamento de 500 soldados ubicado no camiño entre Brigantium (A Coruña) e Lugo estivo activo ata o século IV d.C. e despois foi reocupado durante o periodo suevo. Cidadela, xunto con Aquis Querquennis, en Bande, é un espazo privilexiado en Galicia para coñecer a organización do exército romano.
A ConsellerÃa de Cultura e a USC están a colaborar para abrir máis áreas do xacecemento; levan catro campañas escavando, baixo a dirección de Emilio Ramil, tres sectores do Cidadela. A campaña deste ano deparou interesantes sorpresas. Ao carón da muralla, e preto dos barracóns dos soldados, o equipo localizou dous fornos de pan moi ben conservados. “Son os primeiros da PenÃnsula Ibérica atopados nun campamento romano”, sinala Emilio Ramil, remarcando a excepcionalidade do xacemento, e serán recuperados como parte do itinerario divulgativo do campamento.
Os arqueólogos tamén escavaron na vÃa principal que atravesaba o campamento romano. Abriron un edificio totalmente novo, ao que chamaron o Edificio 1, no que localizaron catro habitacións adosadas e un patio interior. “Non só recuperamos os restos do campamento orixinal”, indica Ramil, “senón que podemos apreciar dúas fases de reformas, unha durante o periodo romano e outra na reocupación xermánica, no século VI ou VIII”. Na vÃa principal os arqueólogos apreciaron tamén unha nova perspectiva sobre Cidadela: “por primeira vez aparecen fustes de columnas e capiteis que nos están a dar indicios de que a vÃa principal era unha zona monumental”. Como curiosidade, Ramil sinala a aparición dunha fÃbula (un prendedor de capa), “en tan bo estado que case se pode usar”.
Na procura dun mosteiro desaparecido
SabÃase que nalgún punto da parroquia de Cordeiro (Valga, Pontevedra) existiu na Idade Media o mosteiro de Santa Columba de Louro. AÃnda que non se sabÃa o lugar exacto no que poderÃan estar os restos, unha vella tradición local falaba dun lugar próximo á aldea de Beiro chamado Igrexa Vella, de onde se dicÃa que trasladaran a antiga igrexa ata o emprazamento da actual. O Concello de Valga chegou a un acordo co Departamento de ArqueoloxÃa da U SC para tentar localizar e identificar os posibles restos do mosteiro.
O ano pasado o equipo realizou unha serie de sondaxes valorativas para ver que habÃa baixo a Igrexa Vella. “As sondaxes foron todas positivas”, afirma Sara RodrÃguez Souto, a arqueóloga responsable da campaña actual, “apareceron restos de sepulturas de época medieval, e unha mesmo conservaba as tapas. Noutras das sondaxes apareceron muros e na cuarta destas, apareceu un muro interesante que facÃa unr ecanto, bastante ben conservado, de sillares de granito con argamasa. Tamén atopamos restos dun nivel de queimado”.
A campaña actual, que comezou a semana pasada, realizará unha excavación en área, centrándose nese muro en forma de L e na zona do nivel de queimado, para tentar determinar que é o que está aparecendo, se o antigo mosteiro ou a vella igrexa parroquial. “Hai que ter en conta”, afirma Sara RodrÃguez, “que a igrexa foi desmontada cando se construiu a actual”.
Unha necrópole medieval en San VÃtor
Seguindo coa Idade Media atopámonos coa excavación na área coñecida como San VÃtor, na parroquia de Barxacova, en Parada do Sil. SabÃase que no alto dunha pena sobre o Sil existira unha capela, derrubada no século XIX. Na excavación, dirixida por Eduardo Breogán Nieto Muñiz e financiada polo Concello de Parada e Patrimonio, revelouse a súa existencia e dimensión: un pequeño edificio de 12 metros, pero o máis relevante é a existencia dunha amplia necrópole ao redor do lugar. Previamente apreciábanse catro sepulturas pero na actualidade, trala escavación, xa aparecen trece e parece que hai máis. Atoparon materiais que van desde a época romana ou mesmo anterior ata moedas do século XIV ou XV. A hipótese preliminar é que puido ser algún tipo de asentamento romano que se sacralizo una Alta Idade Media.