Setenta e dúas propostas das 135 que recibiu a organización nun proceso participativo. Este é o adianto do programa realizaban esta mañá os responsables do Mercado Atlántico de Creación Contemporánea, unha iniciativa que recala os vindeiros dÃas 10, 11 e 12 de setembro en Compostela por vez primeira. Unha rede de telecomunicacións aberta entre Santiago e Fisterra, o proxecto de realidade aumentada do Consello da Cultura Galega, Galego Lab, o Banco Común de Coñecemento que desenvolveu o colectivo Platoniq, propostas sobre exposicións participativas ou o Laboratorio de Innovación Cultural e-Cultura son algunhas das iniciativas que estarán presentes no evento. Segundo explicou VÃtor Belho, presidente da entidade que promove o evento, o MACC pretende "comezar a construir un novo modelo, baseado na importancia das redes, da hibridación e do desenvolvemento social". Nese sentido, boa parte do programa atende á creación colectiva e a novos xeitos de colaboración e de expresión. Desde a organización advirten que de cara ao mes de setembro completarase o programa.
Avance da programación do MACC 2010.