Se teñen ganas de rir, esta pode ser unha boa semana para facelo. E en Cangas é case unha obriga. Clown, gag, comedia, monólogos e un chisco de maxia forman o cartel da XIX Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo. Ata o día 7 sorpresas, misterio... e todo enriba dun escenario.
Son 19 anos facendo mostras. Son 19 anos facendo rir. Son 19 anos sen contar que se chegaría tan lonxe. E que cando esta idea de facer teatro cómico e festivo en Cangas naceu había en Galicia moitas mostras, e había que darlle un signo diferenciador, para que se vise que non todas eran unhas mímese das outras. María Armesto, unha das organizadoras desta edición afirma coa humildade que caracterizan a este tipo de actos, case de fe, que o âque se pretende é ter comedia, comedia ácida e de todos os colores. Cabaré, maxia, clown, gag, comedia e moito humorâ.
Cando Pablo Carbonell abriu onte este evento coas súas “Aceitunas e estrelas” o público puido apreciar que algo cambiou nesta mostra. Non se trataba na presencia delirante dunha das caras do humor máis televisivo do último lustro, senón no espacio que se representaba. Dezanove anos houbo que agardar para que Cangas tivese un auditorio, un espacio que albergase unha festa que sempre foi fiel á súa cita. E ó seu público, porque para que se cumpran tantos anos de organización e de montaxes cómpre ter unha resposta do público. Como María Armesto recorda, “O público acostuma a responder, porque está moi cultivado no teatro. E que son xa tantos anos...”.
Detrás da resposta do público, detrás do pano, mesmo detrás das compañías, alá no fondo de todo, cun labor silenciado e calado está a verdadeira artífice de montala cada ano por estas datas no Morrazo. É a Asociación Cultural Xiria que co apoio da Concellería de Cultura de Cangas son capaces de mover e remover ata debaixo das pedras para poder conseguir o apoio (económico, claro) das entidades colaboradoras. Sempre hai queixas, porque 80.000 euros non se conseguen así como así. Unha complicada tea de araña que se vai artellando entre unha e outra institución, empresa e entidade. Este ano patrocina a Consellería de Cultura, o Concello de Cangas, os Frigoríficos do Morrazo e Caixanova. E colaboran Naviera “Mar de Ons” (que xogará o papel máis “máxico” de todo o tingladiño, xa que nun dos seus percorridos coa illa de Ons celebrarase o espectáculo dos tres magos: Teto, Anyo e Vituco). E así foi, segundo María Armesto, “facéndose un programa de luxo e digno para o modesto presuposto que se tiña”.
Pero no mesmo momento no que a mostra comezou, cando aínda non fixo máis que empezar, desde a organización xa se teñen as miras postas na edición do ano que vén, pensando no xiro ou no cambio que se precisa para cando a mostra cumpra unha cifra redonda, os 20 anos. E, segundo Armsto, “nós temos como cometido sensibilizar ás institucións e conciencialas da importancia que o labor que se leva facendo estes anos e as dificultades que tivo a comisión organizadora, cun gran sacrificio persoal, porque hai moita enerxía investida e moitos cartos”.
Este ano presentamos...
E para este ano desde a organización pensouse un programa que combinase unha liña de humor pero desde moitos puntos de vista. Hai clown, hai gags, hai humor, pero tamén hai comedia vista desde tantos ángulos como olladas hai no universo.
E nisto levan traballando desde a organización asexando entre bastidores, asistindo a festivais tanto en Galicia como no resto do Estado para completar un cartel cheo de particularidades. Para María Armesto, “este ano o programa é de luxo”. E que resulta que entre elas hai varias compañías estranxeiras (este ano sudamericanas) moi emblemáticas, como son “El galpón” (de Uruguay), “Extravagante teatro” (Arxentina) e “Malayerba teatro” (Ecuador). Unha serie de grupos que lle dan autenticidade a esa vocación de internacionalidade coa que xorde este programa e que se ven completando coa exhibición de teatro chegado desde Italia, Francia ou mesmo Portugal. E ó lado deste interese por amosar o legado doutros países hai, nesta edición, varias estreas. Son as de Toñito de Poi e Roberto Vilar no “Festival da Mala Ostia” (xoves, 01:00 horas na Discoteca Thays) e a de Teatro de Ningures co seu “Principiño” (martes, 22:30 no Auditorio de Cangas).
Completa o programa de espectáculos toda unha sección dedicada á animación. Son os tres magos: Teto, Anyo e Vituco que farán do seu, un encontro do teatro co ilusionismo e co humor (domingo, luns e martes no transporte Barco Cangas-Vigo, no bar A Cova e no Canis Lupus).
E para que o público poida responder o esforzo e ó afán por parte da organización, un estímulo: prezos populares. As entradas custan 5 euros e existe un bono de 25 euros para asistir a todas as actividades.
Mención á parte merecen as actividades paralelas que lle dan un sentido máis completo a todo o que é a programación deste ano. Un curso de danza e teatro que se centra na expresión corporal. Organizado conxuntamente coa Asociación de Directores, Actores e técnicos de escena, a profesora brasileira Adriana Beutel Schliffer, tentará amosar a “linguaxe do corpo”. E outra das actividades son as intervencións artísticas do colectivo “A carón do mar”. Teatro para aprender, ver, pero sobre todo gozar.